O Concello de Fisterra desmantela o campamento peregrino en Mar de Fóra
Ano tras ano as queixas pola invasión do areal de Mar de Fóra aumentaron na vila de Fisterra. Os veciños da zona e os hostaleiros do municipio non deixan de protestar cada verán ao ver como a parte sur do areal vese completamente anegada polas tendas de campaña, os cans, o lixo… Unha problemática que de seguro non sería tan grave se os “campistas” non molestasen, pero as cachelas continuas, o lixo que deixan por todas partes, os cans deixando os seus regalos por toda a praia, son constantes mostras de que a situación non é sostible.
Parece, segundo nos informa o teniente de alcalde Kuka Sar, que o problema solventouse, alomenos polo de agora. E semella que non era tan complicado. O Concello enviou á Policía Local o venres amigablemente a avisar aos “campistas”, explicando que non podían estar aí. Pero a resposta foi nula e este luns varias tendas seguían invandido a zona da Cova do Encanto.
”Non era a nosa intención botalos fóra da praia, pero tempos que preservar o medio”, explican fontes municipais. Así, procederon ao desmantelamento do campamento. Procedeuse a identificar ás persoas acampadas no areal, e levantar acta de denuncia de todolos enseres (tendas, toldos...) despregados neste campamento, así como as condicións de limpeza do lugar. O número de tendas desaloxadas foi de 12, das cales,2 forn retiradas e requisadas pola Garda Civil ao descoñecerse os propietarios. Preocupa que o problema poida medrar durante o verán, polo que estimouse preciso actuar xa.
E sobre todo, comezaron as multas. Antes a Garda Civil levantaba presentaba as súas propias denuncias que normalmente quedaban en nada. Hoxe xa a Policía Local procedeu a impoñer multas de entre 20 e 40€ por metro cadrado, fotografando ademais os restos de lumaradas, do lixo… O asunto é que se segue pasando esto, cunhas cantas denuncias presentadas o Concello procederá a apretar as torcas á Demarcación de Costas para que faga o seu traballo e coide o litoral costeiro, e que instrúa un expediente sancionador.
O concello comunica que dito dispositivo manterase durante os próximos días, actuándose novamente no caso de persistir dita problemática.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: A Cova do Encanto e a Praia de Mar de Fóra.
- Aumentan as queixas pola invasión peregrina no areal de Mar de Fóra.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).