![cartel desfile militar 2012]()
O Concello de Fisterra está a preparar un ano máis, e xa van uns cantos dende o ano 2000, o Desfile Militar e o acto de Arriado de Bandeira.
A cita será este domingo, 9 de setembro, e desenvolverase a partir das 19:00h no paseo da Ribeira. Contará coa participación da Banda de Música da Escadra de Gastadores do Tercio Norte.
Segundo explican dende o Concello, trátase dun dos actos culturais máis ovacionados, e co que desfrutan centos de fisterráns e visitantes.
No acto estará presente o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, ademáis do alcalde de Fisterra, José Manuel Traba.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Fisterra.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).