O coro e o grupo de danza de Fisterra pechan a programación cultural de novembro
07:06 29/11/16
Ramón Domínguez Calvo dixie o coro do Centro Cultural e Recreativo de Finisterre-Casino
Numeroso público acodiu o pasado sábado ao salón de actos do concello de Fisterra para presenciar a actuación do Centro Cultural e Recreativo de Finisterre-Casino e do grupo de danzas. Baixo a dirección de Ramón Domínguez Calvo, o coro interpretou unhas pezas que foron moi aplaudidas polos asistentes.
Grupo de danza de Fisterra
A concelleira de cultura de Fisterra - Teresa Fernández - entregoulle uns agasallos á presidenta da entidade - Conchita Velay Fernández - en agradecemento pola participación do CCR Casino no programa Novembro Cultural organizado polo concello e que rematou este sábado.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])