Venres. 19.04.2024
El tiempo

O lume da praia da Langosteira cóbrase un detido

O lume da praia da Langosteira cóbrase un detido

Xa vimos como os lumes chegaron á Costa. Esta pasada semana Muros, Corme e a praia fisterrá da Langosteira sufriron sendos incendios. E segundo sinala a Garda Civil, o lume fisterrán xa se cobrou un detido. I é que Axentes do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona de Corcubión), identificaron e denunciaron, este pasado sábado, a un veciño de Fisterra que supostamente provocou un incendio forestal cando realizaba unha grellada.

Cando os axentes do Seprona chegaron ao lugar dos feitos se, atoparon con varios veciños que estaban tratando de extinguir o lume e sumáronse á tarefa mentres non chegaron os equipos de extinción. O incendio quedou extinguido ás seis da tarde.

O lume non afectou a unha gran cantidade de monte e foi sufocado enseguida grazas á pronta reacción dos cidadáns, entre os que se atopaba o propio imputado, e a pronta chegada ao lugar dos medios de extinción.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Un de Corcubión.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios