A pasarela maldita

Algo ten esta pasarela que non gaña para disgustos. A pasarela de madeira da Fervenza do Ézaro sufríu un incendio a pasada tarde de sábado 14 de maio. Foron 5 metros de pasarela os que quedaron negros polas lapas. Pero afortunadamente era da parte do principio, a parte que non tivera que ser reemplazada hai escasos meses tralo temporal.
As causas do incendio non están claras pero todo apunta a que se debiu a unha imprudencia, e non se descarta unha acción intencionada. Unha simple cobicha ou semellante puido ser a causa do incendio pero foi atopado na zona afectada un capazo sospeitoso.
Os operarios de Ferroatlántica e algunha xente que estaba por alí intentaron sofocar o lume sen éxito. Houbo que chamar aos bombeiros e estes chegaron antes de que o lume chegara a prender o monte.
Deste xeito, a pasarelá permanecerá cerrada ata que se reparen os danos.
Novas relacionadas
- Primeiras detencións na Costa por sendos incendios en Cabana e Muxía.
- Resucitou a Fervenza do Ézaro.
Fonte
- Información de fotos de Mario Rodríguez Gómez.