Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O lume chega á Costa

O lume chega á Costa

A ola de calor trae consigo, ademais de moitas horas de praia, os problemas cos incendios. Así, durante esta fin de semana abafante, foron varios os conatos que sufriron os nosos montes, como os vividos na praia Langosteira en Fisterra, en Muros ou en Corme.

I é que a Consellería de Medio Rural vén de subir a nivel 1 o risco de incendio. Sinalan que durante estes días estanse a producir unha media de 70 lumes diarios en toda Galicia. I é que calquera churrascada que se faga en territorio forestal, ou no campo da festa, a dia de hoxe é un auténtico perigo.
Con todo, a Consellería continúa lembrando que o 80% dos lumes sufridos en Galicia son provocados.

Lume na Langosteira

Sobre as 15:00h do pasado sábado escomenzou a arder o pinar da praia da Langosteira, que non impediu a celebración da Festa da Xuventude, con enorme éxito, por certo. Monte baixo arderon durante máis de dúas horas. Varios veciños (ata o mesmo número 1 do PSOE fisterrán), axudados por varios membros do Seprona e de Protección Civil intentaron controlar o lume. Cando chegaron os bombeiros o lume xa estaba case que controlado.

Outros lumes en Corme e Muros

Por Corme tamén houbo un pequeno conato de incendio. E ao longo do sábado tamén Muros sufriu varios lumes. De feito, pola Barbanza tiveron que traballar para evitar a conexión entre os diversos focos e as primeiras estimacións provisionais apuntan a unha superficie afectada de máis de 200 hectáreas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa da Consellería de Medio Rural.
  • Fotos e información so acontecido en Fisterra de Xusto Gómez.

Comentarios