venres. 02.05.2025
El tiempo

O museo da Pesca de Fisterra acolle a maqueta que participou na Bienal de Venecia

O museo da Pesca de Fisterra acolle a maqueta que participou na Bienal de Venecia
exposicion-fisterra Onte tivo lugar a inaguración da mostra que acolle o museo da Pesca de Fisterra até o 31 de xullo O deputado de Turismo, Xosé Regueira, inaugurou no museo da Pesca de Fisterra a exposición da peza “Transitions in context” coa que o estudo Creus&Carrasco participou na pasada Bienal de Venecia. Na visita, o deputado asinou convenios de colaboración nos concellos de Fisterra e Corcubión nun acto ao que tamén asistiron o alcalde de Fisterra, José Marcote, o tenente alcalde e concelleiro do Mar, Xan Carlos Sar, Kuka, e os arquitectos. Até o 31 de xullo estará exposta no Museo de Pesca do Castelo de San Carlos a peza que o estudo de arquitectura Creus&Carrasco levou á 15ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia grazas ao apoio da área de Turismo da Deputación cun acordo que contemplaba a difusión da obra tamén no propio territorio. A peza, titulada “Costa da Morte/ Transicións en contexto/ Entre territorio e arquitectura”, incorpora as obras deseñadas polo estudo de arquitectura na comarca e foi producida, co apoio da Deputación, para a mostra de Venecia que supón un dos máis prestixiosos escaparates da arquitectura mundial. “A peza supuxo mostrar a arquitectura da Costa da Morte e o seu territorio no centro da arquitectura mundial e unha oportunidade única para mostrar un espazo de especial interese paisaxístico. A singularidade da comarca estivo presente nunha das principais plataformas de promoción para a nosa arquitectura e para a difusión turística e cultural da Costa da Morte”, explicou Xosé Regueira ao tempo que destacou a oportunidade de contemplar agora a peza de Creus&Carrasco no territorio para o que foi pensada. O proxecto do estudo Creus&Carrasco, titulado en orixe "Transitions in context", define a relación da arquitectura e territorio nun contexto. Recolle proxectos construídos e deseñados para o territorio que vai desde Malpica a Louro e xoga coa relación de elementos de mar e terra. A partir dun plano en que sitúan as súas obras tiran unhas pautas en que aparecen as referencias do espazo e as súas obras inseridas. A maqueta de 2x1,40 m componse dunha base de tiras que representan o territorio con imaxes nas que se encastran unhas pezas cos proxectos do estudo que se cruzan coas referencias do territorio. A lonxa de Fisterra, vivendas de Louro, Quilmas, Cee ou Corcubión, o albergue Bela Muxía e a Casa Chao en Corcubión son algúns dos proxectos que se exporán na maqueta que foi tamén elaborada na Costa da Morte. Convenios  O deputado, que é responsábel das áreas de Plans, Turismo, Cooperación cos Concellos e Patrimonio, asinou co alcalde de Fisterra, José Marcote un convenio para o saneamento e pavimentación de Vilar para o que a Deputación achega 96.000 €, o 80% do total do orzamento que ascende a 120.052 €. Con anterioridade, Xosé Regueira visitou o concello de Corcubión onde asinou dous convenios de colaboración co alcalde Manuel Insua que supoñen unha achega de case cen mil euros. Por unha parte, un dos acordos contempla o financiamento das obras de reforma do mercado municipal que están orzamentadas en 40.000 € dos que a Deputación achega 32.000, o 80 % do total. O outro dos convenios asinados suporán a mellora do saneamento e pavimentación da rúa San Marcos e o seu entorno, nun proxecto que alcanza os 80.000 € dos que a institución provincial se fai caro de 64.000. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios