Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O Patrimonio Modesto: O Castro de Castromiñán

O Patrimonio Modesto: O Castro de Castromiñán

Castromiñán está deixando de ser un tesouro agochado. O ano pasado, o programa “Castros Nerios” xa serviu para ir poñendo en valor este emblemático lugar do Castro de Castromiñán.

Hoxe, o noso Modesto García Quintáns quere achegarse ata Castromiñán, para descubrirnos algunha cousa máis sobre el. Atentos a eses topónimos marabillosos.

O Patrimonio Modesto: O Castro de Castromiñán

Vistas de Castrominan-Foto-Modesto Garcia Quintans Vistas do Castro de Castromiñán-Foto-Modesto Garcia Quintans

Castromiñán é unha aldea da parroquia de Sardiñeiro, pertencente ao concello de Fisterra. Está situada moi próxima á costa, entre as praias de O Rostro, ao norte, e a praia de Arnela, ao suroeste. Os lugareños coñecen este castro como ”A Punta do Castelo”, con forma alargada e delimitado na súa maioría por uns perigosos cantís, tendo o acceso polo lateral sureste. Polo lateral leste, en parte, ten un profundo barranco coñecido como "Rego da Torre" que nace na fonte coñecida como "Barbacán".

Este antigo castro, da Idade de Ferro, é pouco coñecido e apenas se fixeron estudos por especialistas. Na zona central norte ten unha elevación coñecida como "A Torre". Polo latateral sur e no bordo do acantilado existe unha pequena elevación coñecida como "O Palleiro". Lindando máis ao sur estan uns cantís rocosos coñecidos como "A Gavoteira" e "O Pé do Muíño. Este punto foi moi concorrido para visitar os restos do buque panameño Casón que o 13 de decembro de 1987 navegaba cargado con produtos químicos, encallando nas proximidades deste castro. Morreron 23 marineros.

Como chegar

Para visitalo pódese chegar por dous camiños; por un carreiro que sae ao sur da praia do Rostro nun traxecto de 1,3 Km. ou, por un camiño de tractor que sae do lugar de Castromiñán, nun traxecto de 0,8 Km. Por este camiño pode circular un vehículo todoterreno.

Cantis de Castrominan-Foto-Modesto Garcia Quintans Cantís de Castromiñán-Foto-Modesto Garcia Quintans Castrominan-Foto-Modesto Garcia Quintans Castromiñán-Foto-Modesto Garcia Quintans Nomes do Castro de Castrominan-Foto-Modesto Garcia Quintans Nomes do Castro de Castromiñán-Foto-Modesto Garcia Quintans
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

  • O patrimonio Modesto: O lugar de Quenxe.
  • O Modesto Patrimonio: A Igrexa Parroquial de Buxantes.
  • O Modesto Patrimonio: A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
  • O Bico do Santo en Carnota.
  • Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
  • Fonte

    Comentarios