O PXOM de Fisterra podería estar listo a final de ano… 17 anos despois


O pleno do pasado martes foi un paso importante para a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Fisterra. Un documento tan fundamental para unha vila, que leva 17 anos para ser aprobado, pero que parece que pode ter os días contados. O último retrasto, provocado por Estradas do Estado, que leva un ano analizando un asunto menor.
O Concello conseguía chegar a un acordo coa Axencia Galega de Infraestructuras sobre un reparo imposto o pasado verán sobre a inclusión de dous viais de servizo paralelos na AC-445, na recta da Anchoa. Chegaron finalmente a unha situación intermedia, (cun par de zonas nas que si se incluirían un acceso progresivo á estrada) que foi ademais aprobada en pleno, co apoio de todos os grupos e a abstención do PP.
Queda agora o informe final, favorable, que terá que pasar pola AXI, para volver a Urbanismo e que este ente poida aprobalo con celeridade. O alcalde Pepe Marcote considera que a final de ano "podería" estar listo.
Ademais, o PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco vello) tamén deu un paso adiante. En todo caso quedan moitos pasos por percorrer, tras unha nova adxudicación a unha empresa. Outro documento necesario para facer calquera modificación en pleno casco.
Novas relacionadas
- Xuño 17: Piden a eliminación dun reparo da AGI para aprobación definitiva do PXOM de Fisterra.
- Marzo 2016: Aprobado un PXOM de Fisterra que non convence a ninguén.
- Decembro 2014: Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía.
- 2013: 13 anos de redacción para o PXOM de Fisterra.
Máis novas
- Febreiro 17: A APLU realizou 9 derrubamentos dende comezos de 2016.
- Decembro 2016: A xunta e o concello reúnense para reactivar a tramitación do PXOM de Carnota.
- Abril 2016: Aprobado o PXOM de Muxía.
- Febreiro 2016: O PXOM de Carballo xa está vixente dende hoxe.
- Decembro 2015: Aprobado definitivamente o PXOM de Coristanco.
- Marzo 20015: O PP de Ponteceso aproba en solitario un PXOM máis permisivo ca edificabilidade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]). Radio Nordés.