Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O raio que apagou o Faro

O raio que apagou o Faro
O Faro Fisterra quedou apagado por un raio

Quedou sen luz o Faro da fin da terra. A tormenta de onte deixounos un espectáculo de preto de 3.000 raios, dos cales boa parte morreron na mar, pero tamén outros que tocaron pé en terra. Un deses raios apagou o Faro.

Foi na madrugada do pasado martes, e o raio deixou sen luz o faro, pero tamén o Semáforo, e media vila do Cristo. A desfeita da rede eléctrica de toda a zona do faro é de traca. Queimáronse os enchufes, os cadros de teléfono e os da luz, deixando a importante luz do Faro cunha baliza de emerxencia, de batería, que ten un alcance de 11 millas, lonxe das 25 da bombilla titular.

Fonte

Comentarios