Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O recuncho do Conxunto de San Guillerme

O recuncho do Conxunto de San Guillerme
Ermida de San Guillerme 2 Vista da Ermida de San Guillerme

Para celebrar o aniversario número 50 desta, a sección máis vista da fin de semana, imos ata un dos lugares con máis misticismo da Costa. Hoxe imos ata Fisterra e subimos ao Conxunto de San Guillerme, que cinta cunha preciosa ermida seminatural aupada debaixo do Monte Facho, mantendo unha relación especial co ese Monte Pindo que se senta enfronte mesmo, ao outro lado da ría.

As vistas da vila de Fisterra e da ría son inmellorables. Contrólase cada punto dende Corrcubedo, intuíndo a ría de Muros e Noia, pasando por Lira e a chaira de Carnota, ou a ría de Corcubión, e os entrantes que parecen pezuñas da zona de Estorde. Mesmo vemos a zona de atrás, de Mar de Fóra e o Cabo da Nave. A mar fai ademais formas curiosas, mentres os barquiños pescan tranquilamente, cando o tempo o permite, nas súas findas augas.

Ermida de San Guillerme Fisterra 1

A ermida e a lenda

Pero o conxunto de San Guillerme é moito máis que un lugar con boas vistas a onde levar á parella. E se levas á parella, ollo! A lenda advirte que as pedras sagradas da ermida son fonte de fecundidade, e a muller que as toque, que se prepare. Non queda aí a lenda, senón que asegura que en tempos, as parellas con problemas para ter fillos, tumbábanse a "durmir" nunha gran losa horizontal para concebir os fillos, diante do santo, claro.

A ermida foi destruída no século XVIII, e está asociada ao Ara Solis, o culto ao sol. Disque puido ser habitada dende o séc. XI, pero da historia podedes pasar pola páxina do concello fisterrán, que ten un interesante especial do conxunto.

Importancia arqueolóxica

Estes últimos meses, o conxunto volve á palestra xa que varios descubrimentos arqueolóxicos provocaron que Patrimonio se puxerqa a investigar e levantar a zona. Aínda están no medio dos traballos, que comezaron co hachado dunha pequena figura do Apóstolo Santiago. O ano pasado, que tamñen se levaron a cabo outros traballos, atopouse outra figura, a de San Guillerme.

Os traballos continuarán nos vindeiros meses, desenterrando a historia cristinana que crece e crece polas terras de Fisterra.

Máis información

Fonte

Comentarios