Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os comicios en Fisterra: Máis votos que votantes nunha longa noite que mantén a maioría do PP

Os comicios en Fisterra: Máis votos que votantes nunha longa noite que mantén a maioría do PP

Comezamos o repaso concello a Concello dos Resultados das Eleccións 2011 pola vila do Cristo. Alí, o PP mantivo a maioría absoluta en Fisterra malia imputación de varios dos seus membros na Operación Orquesta. A cidadanía fisterrá refrenda o poder de José Manuel Traba que manterá o sillón da alcaldía.

Pero as cousas non foron sinxelas. Foron 48 os votos que separaron o BNG do 3º concelleiro (votos que lle sobraría o PSOE), o que suporía un cambio total no panorama político fisterrán acabando coa maioría absoluta do PP. Pero a Lei D'Hon't fai que se ben a suma de votos entre PSOE e BNG sexa maior que a total do PP, en concelleiros, a coalición non derrocaría ao PP.

Con todo, dende a esquerda enténdense estes resultados como bastente positivos pois son os máis altos da súa historia, como apuntan dende o BNG. De feito, catalogan a noite de onte como "o día que a dereita temblou".

Pola contra, dende a dereita valoran que a veciñanza segue confiando nun goberno coñecido e achegado ao pobo.

Votos de máis

Foi unha noite longa e tensa. O reconto estivo protagonizado por varios incidentes que acabaron coa paciencia dos grupos da oposición. Indignados amosábanse os representantes do PSOE e do BNG ante o que viviron nas mesas. Sobre todo na mesa 2, que colle os veciños dende a Praza ata a zona da Igrexa. I é que ao facer o reconto, as contas non daban unha e outra vez e había máis votos que votantes...

Modesto Fraga e Pepe Marcote cóntannos detalles como que "un veciño que pasou a votar tras votar por correo", "todo o día carrexando xente maior", "pagando papeletas a toxicómanos por 20€", "deixando votar a xente sen documentación ou noutras mesas que non eran as súas", "xente nosa que de repente non está no censo"... "Cousas que todos o mundo sabe pero que son difíciles de demostrar", láiase Marcote. E continúa, "a verdade é que non nos esperamos esta clase de artimañas, pero como xa sabemos o xeito de traballar desta xente, que utiliza todas as armas para desvituar os resultados, non nos extrañan tanto".

"Ao mellor, se se fixeran as cousas con liberdade e democracia, estaríamos falando doutros resultados", destaca.

Impugnación

Ambos grupos, con maior fincapé por parte do BNG, "están estudiando a información, para presentar a impuganción. Onte pola noite estiveron preparando o escrito para presentar, no que solicitan "a impugnación da xornada electora, na mesa nº2".

Así e todo, os números dos votos que poderían ser impugandos non chegarían para arrebatar a maioría absoluta do PP. Pero "independientemente de que os feitos impunandos non influirían matematicamente, non se pode permitir estas actitudes", afirma Marcote. "As xuntas electorais deberían ser moi críticas".

E visto o visto na xornada, Modesto e Pepe acompañaron ao xuíz de paz a entregar as papeletas ao mesmo xulgado.

Media fisterra apoia, e media está en contra da corrupción

"A metade dos fisterráns están dacordo en que os imputados se presenten e gañen", así define Marcote a situación da poboación Fisterra. Mentres o BNG destaca que "a metade da poboación de Fisterra está en contra da corrupción". "Hai dous mundos, hai un da sentada e indiganda, e outro da política real que é moi diferente. Así que temos a clase política que nós queremos", sentencia Marcote.

Máis información

Fonte

Comentarios