Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M

Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M
Jose Marcote poderia ser o novo alcalde de Fisterra-Foto-Dario Gomez

Grandes nomes nos deixa este 24 de maio de 2015 despois das eleccións. Foron varios os resultados pouco esperados, e que deixan un panorama de cambio en concelleiros. E falamos por exemplo de Fisterra e Mazaricos, onde tras unha longa etapa popular.

Facemos primeiro parada en Fisterra, onde parece que os últimos casos de suposta corrupción do goberno de Traba fixeron dano. O PP quería afrontar o seu 4º mandato, pero atopouse cun resultados inesperados. Baixou case 500 votos o PP, e houbo unha lixeira subida do PSdG en votos, pero sobre todo en concelleiros. Se ben o PP segue a ser a forza máis votada, o probable alcalde será José Marcote, que sacou os mesmos 4 concelleiros e poderá contar co apoio do BNG nunha coalición de goberno sobre a que xa teñen falado.
O propio Marcote recoñecía que é máis que posible un pacto co BNG, algo que tamén facía patente Kuka Sar cun claro “podemos tirar de tópicos pero a lóxica é aplastante”.
Un pleno fisterrán no que, por certo, tamén estará Xan García, como concelleiro de Converxencia Galega.

O BNG, dando un vuelco a Mazaricos

Juan Jose Blanco novo alcalde de Mazaricos polo BNG

Posiblemente o outro gran nome destas eleccións sexa Juan José Blanco, candidato do BNG de Mazaricos. Quedara con 3 concelleiros en 2011, e tras un duro mes de campaña final, deu totalmente a volta ao pleno e consegue unha maioría absoluta aplastante, con 7 concelleiros polos 4 do PP de Nico Martínez, ao que lle pasou factura o cambio de cores tras 4 anos como edil da oposición á fronte de PIMAZ.

Contaba con gañar o PP, e retomar o mando, pero a decisión de Santos Maneiro, un dos imputados por suposta corrupción na Operación Orquesta, de deixar a vida política, fixo mella, e agora Blanco mete nada menos que a 7 concelleiros no pleno. Aí estarán arroupándoo como alcalde José Luís Cives, Beatriz Alvite, Esteban Pereiro, Catarina Beiro, Juan Manuel García Castro e Vanesa Pereira, se se cumpren os postos.

10 alcaldías case asinadas, só 2 do PP

Blanco é dos 10 candidatos que practicamente aseguraron o seu mandato a través de sendas maiorías absolutas, cuns números que chaman a atención pois temo 5 maiorías do BNG, 3 do PSdG e só 2 do PP:


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios