Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Os peques de Sardiñeiro seguen aprendendo a manexar as novas tecnoloxías

Os peques de Sardiñeiro seguen aprendendo a manexar as novas tecnoloxías
Novos diplomados e mininformatica en Fisterra

O Concello de Fisterra levou a cabo este xoves, 4 de xuño, o acto de clausura dos cursos de informática para nenos e nenas de 6 a 13 anos impartidos na Aula de Informática Municipal e no C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro. Foron un total de 65 rapaces os que participaron nestes cursos onde tiveron a oportunidade de aprender dende o manexo básico dun ordenador ata programas de ofimática, creación e edición de videos, ferramentas web e retoque dixital.

Os cursos foron impartidos pola formadora ocupacional do Concello de Fisterra Neli Cambeiro Otero.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios