Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os premios do 15º aniversario da Nordés

Os premios do 15º aniversario da Nordés
Os Premios Nordes 2014

A Radio Nordés Cadena SER vén de facer públicos os nomes dos galardoados na XV edición dos Premios Nordés. Os galardóns erán entregados na XV Gala Premios Nordés o xoves 19 de marzo a partir das nove da noite na casa da cultura de Cee, na que actuará o acordeonista Fernando Fraga presentando o seu disco “Folcromías”, ao remate haberá unha degustación de diferentes produtos.

E estes son os premiados:

O Nordés das Artes é para Miguel de Lira, membro fundador de Chevere, compañía gañadora do premio nacional de teatro 2014 onde desempeña labores de actor, director e productor. Acadou a popularidade co seu papel de Currás na exitosa serie de televisión Mareas Vivas, participou nun bo numero de filmes cinematograficos como O lapis do carpinteiro ou mais recentemente na adaptación do clásico de Eduardo Blanco Amor “A Esmorga”, Pelicula que ven de acadar cifras record nas salas galegas.

O Nordés do Deporte recae nos actuais campións de España de rallies de Terra Amador Vidal e Francis Lema, fito que non conseguía un galego dende 1985 e acadando un obxectivo que xa se lles resistira en varias ocasións xusto na edición máis competida dos últimos tempos coa participación prestixiosos pilotos como o gañador do París-Dakar Naní Roma. Unha victoria resultado da suma do talento de piloto e copiloto e a profesionalidade do equipo ARV Racing club de Pasarela onde ademais do seu Volkswagen Polo preparanse moitos outros coches que rodan nos rallies de toda España.

O Nordés aos Emprendedores é para Buceo Finisterre, empresa pioneira na comarca creada por Alicia e Fernando Carrillo no 2006 cando puxeron en marcha a primeira escola de mergulladores da Costa da Morte e empezaron a mostrarlle aos turistas e aos vecinos o noso espectacular fondo marino. Dende o primeiro momento fixeron gala duna gran sensibilidade co patrimonio submarino colaborando con prestixiosos investigadores, proxectos e estudos internacionais, descubrindo pezas únicas e ensinandonos a todos que quedan moitos tesouros por descubrir no fondo da nosa costa.

O Nordés da Divulgación recae en Xosé María Lema Suarez, doutor en historia da arte, catedrático de xeografía e historia de ensino secundario, membro correspondente da Real academia Galega e presidente do seminario de estudios comarcais da Costa da Morte. Leva anos divulgando as maravillas da comarca con infinidade de publicacións propias e colectivas sobre arte relixioso, pazos, batáns, horreos, faros, dólmenes e até Futbol. Unha impagable labor de recopilación de datos que conleva un exhaustivo traballo de investigación.

O Nordés da Audiencia

A vindeira semana coñecerase o gañador do Premio Nordés 2014, galardón especial independentente do resto de categorías. E o Nordés da Audiencia para o que continua aberta a votación na páxina de Facebook de Radio Nordés, en Twitter coa etiqueta #premiosnordés, no email [email protected] e no whatapp 722 73 70 64.

Novas relacionadas

Comentarios