Venres. 30.09.2022
El tiempo

O panadeiro da fin da terra volve meter a Panadería Germán entre as 100 mellores de España

A fariña de Carballo, unha das grandes protagonistas do certame da Ruta do Pan
Jose Luis Estevez panadeiro de Fisterra premo 2022
Jose Luis Estévez, á dereita, cos panadeiros galegos premiados na ruta
O panadeiro da fin da terra volve meter a Panadería Germán entre as 100 mellores de España

A Panadería Germán 1887 de Fisterra volve estar entre as 3 mellores de Galicia e entre as 100 de toda España no marco do certame da Ruta do Pan de Panatics. O seu panadeiro, Juan Luís Estévez, volvía recoller un dos recoñecementos do premio La Miga de Oro e a S á Excelencia Artesanal.

O Pan de Fisterra é xa un dos máis reputados produtos de “kilómetro 0”, e o é, en boa medida, gracias á fariña do carballés Jesús Muíño, que aínda ten esas “fariñas ricas en proteínas e salinas o estar tan cerca do mar, fariñas que se siguen moendo nun pequeno míiño de pedra en Carballo que rexenta a familia de Jesús Manuel Muíño, fariñas tan boas como escasas”, resalta Estévez.

Dúas das tres panaderías escollidas como as mellores do país levan esta fariña carballesa e nese sentido Estévez quere reivindicar a necesidade de recuperar os nosos muíños e a nosa forma tradicional de xerar fariñas.

”Tradición e vanguardia seguiremos loitando polo bo pan!!!”

Novas relacionadas

comentarios