Martes. 23.04.2024
El tiempo

Piden o mantemento das farolas dos paseos marítimos de Sardiñeiro e Corveiro

Farolas de Fisterra en mal estado
Así están as farolas de Fisterra
Piden o mantemento das farolas dos paseos marítimos de Sardiñeiro e Corveiro

A Asociación de Veciños “Costa da Morte” vén de solicitarlle ao Concello de Fisterra a necesidade de facer mantemento ás infraestruturas municipais, en concreto, aos farois ornamentais situados nos paseos marítimos de Sardiñeiro e Corveiro e na Praza da Constitución.

José Fernando Carrillo denuncia que o estado das farolas teñen “un aspecto antiestético” por mor da ferruxe. Lembra que “o Concello de Fisterra no convenio de recepción da obra dos paseos marítimos comprometeuse a dar o mantemento adecuado a esta infraestrutura coa Demarcación de Costas, e, por tanto, a realizar o pintado destes farois para evitar a súa deterioración e a mala imaxe que puidesen dar”.

En semellante estado están a da Praza da Constitución, cuio arranxo xa foi solicitado pola mesma entidade 7 veces nos últimos 3 anos, sen que o Concello fixese nada. “Esta inacción por parte do Concello de Fisterra pode ser cualificada como abandono de funcións dunha administración responsable e competente no mantemento das infraestruturas municipais”.

Comentarios