Venres. 25.09.2020
El tiempo

Piden a ordenación das prazas de aparcamento para autocaravanas en Fisterra

Propoñen a pista polideportiva que hai en fronte da Igrexa de Santa María das Areas como posible aparcamento de autocaravanas

O aumento do turismo de autocaravana notouse en lugares como O Ézaro ou tamén en Fisterra. Unha circunstancia que cómpre comezar a ter en conta. Así o entenden moitos veciñ@s da vila do Cristo, que este mes de agosto sufriron a presencia desordenada destes grandes vehículos en zonas como o aparcamento da Casa do Mar.

A Asociación de Veciños Costa da Morte lembra que o problema do aparcamento xa é habitual duranteo inverno, pero durante o verán agrávase. “É necesaria a ampliación das zonas de aparcamento e unha ordenación dos mesmos”, así como a “habilitación de aparcamentos de carácter publico para autocaravanas”.

De feito, propoñen a pista que hai en fronte da igrexa de Santa María das Areas, e que case non se usa como tal, como posible aparcamiento.

comentarios