Pipper, o primeiro “can turista” de España, anima aos establecimentos da Costa da Morte a facerse “pet friendly”
Anda por toda España demostrando que viaxar con animais é posible, e moito máis divertido. Pipper e o primeiro “can turista” de España, e quere demostra que as viaxes “pet friendly” son posibles e moi auténticas. Está achegándose aos 50 puntos máis icónicos da península, e en Galicia xa ten pasado por Santa Tecla, as Rías Baixas, A Coruña, e antes de ir a Santiago, pasou pola Costa da Morte.
Estivo esta semana no Cabo Touriñán e Fisterra, facendo ver á toda a bisbarra as posibilidades que hai de mellorar os nosos servizos.
Pipper, o gran “influencer perruno” vai dando así pistas sobre que visitar, onde aloxarse e comer, etc. a quen se moven con can, promovendo a integración das mascotas no sector.
Pipper o can turista no Cabo TouriñánOs españois conviven con 5 millóns de cans, que son un máis da familia
Calcúlase que en España hai uns 4 millóns de fogares onde os cans (máis de 5 millóns) son un máis da familia. O censo de animais de compañía crece (hainos no 40% dos fogares) debido aos beneficios psicolóxicos e sociais que aportan, o aumento da longevidad da poboación e do número de persoas que viven soas. E quen conviven cun can, tamén queren viaxar con el. Reflexo desta realidade é o crecente número de hoteis, restaurantes, medios de transporte, etc. que admiten clientes acompañados dos seus mascotas, e ata ofrecen unha atención especial aos seus invitados de catro patas (con bebedoiros, camas caninas, alimentos adecuados?).A xira nacional de Pipper, inspirada en embaixadores caninos de destinos como Xapón, Florida ou Londres, é posible grazas ao apoio da Fundación Século para o Turismo e as Artes de Castilla e León; Renfe; Bayer; o fabricante de alimentación natural para cans e gatos Dingonatura, e Trixie, líder europeo en accesorios para animais de compañía.
Pipper non se perdeu o solpor de FisterraFonte
- Redacción de QPC ([email protected]).