Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Polémica na confraría de Fisterra trala dimisión dun membro do cabildo

Embarcacion fisterra afectada por un carro
Así quedou a embarcación
Polémica na confraría de Fisterra trala dimisión dun membro do cabildo

Poucas veces saltan á voz pública as discusións internas das confrarías. O mundo do mar adoita deixar os trapos sucios dentro da casa, e contra iso quere loitar Sergio Silva, patrón da embarcación “O Mario”. Silva vén de presentar a súa dimisión como membro do cabildo por desavenencias coa dirección do pósito. “Dimito porque estou indignado, síntome engañado polo patrón maior”, denuncia con rotundidade, deixando claro que o fai “para que se saiba do que pasa na Costa, porque aquí ninguén nunca din nada do que pasa”.

Todo parte dun accidente que tivo no seu barco cun dos carros varaderos do porto. O mal estado do carro (o pósito ten dous, este é o máis vello) provocou unha fenda na embarcación, que Silva tivo que arranxar. Esto acontecía en agosto (xa lle transmitira en xuño o mal estado do carro), e aí comezaba o periplo. "O seguro debería facerse cargo da reparación, pero cando o arranxei dende a confraría me din que o carro non está asegurado. Se eu sei que non ten seguro, non subo", sinala o patrón, que se viu nunha encrucillada entre pósito e aseguradora. ”A confraría debería facerse cargo do pago da reparación e dos 20 días que tiven que estar parado”, valora o patrón.

Afirma que hai outro armador en pleitos co pósito, e lamenta ter que alzar a voz tras moitas idas e voltas, porque non se fan cargo dos gastos, malia que lle dixeron que o carro vello está “sen asegurar”. “Se o seguro non se fai cargo, vai todo enriba dos socios, e o peor é se pasa algo grave, que pasaría entón?”, pregúntanse denunciando ademais que “os andamios do carro novo tamén se atopan en mal estado”.

A versión do patrón maior

Pola súa parte, o patrón maior, Manolete, asegura que o carro vello está asegurado. “O carro está en activo e asegurado por seguros Murimar. Como imos ter un carro sen asegurar?? Levo 20 anos nisto. Se pasa algo vou dereitiño para o cárcere”, afirma Manolete, que sinala que a circunstancia douse porque que “ao ser unha avaría menor de 1.200 euros, pola franquicia, a aseguradora nos dixo que tiña non se facía cargo e que tiña que pagar a confraría. Nós pagamos o arranxo e cobrámoslle o uso do carro varadeiro”, sinala.
Manolote afirma que ten convocado un pleno da Xunta Xeral para esta semana para explicar a situación e “ensinarlle os papeles do seguro a todo o mundo”.

Comentarios