luns. 03.11.2025
El tiempo

A comunidade educativa ao completo do CEIP Vila de Cee clama por un PT

Concentracion CEIP Vila de Cee conta os recortes 2
Imaxe da concentración deste venres 19 de setembro
A comunidade educativa ao completo do CEIP Vila de Cee clama por un PT

Manteñen as mobilizacións as familias do CEIP Vila de Cee, cada vez máis apoiadas por toda a comunidade escolar. Despois da concentración da semana pasada e das reclamacións presentadas por numerosas familias, esta mañá de venres a comunidade ao completo (familias, nen@s e mestras) volveu concentrarse ás portas do colexio a primeira hora da mañá.

Volveron berrar con forza “Queremos un PT”, en alusión á falta de profesorado de reforzo para o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) e necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

Concentracion CEIP Vila de Cee conta os recortes 3

Fixeron alusión, cun claro “Isabel, escoita, o Vila está en loita”, á inspectora educativa da zona, Isabel García Vila, esixindo o seu compromiso para consegur ese segundo e necesario auxiliar en Pedagoxía Terapéutica.

Porque “Somos nenos non números” (tamén berraron alto), e merecendo unha “educación de calidade”.

Ata o profesorado está mobilizado e berraron “as mestras tamén están loitando”.

Concentracion CEIP Vila de Cee conta os recortes

Concentración no IES AGra Raíces

Pouco despois, a media mañá foron as propias familias da ANPA Uxío como as da ANPA do IES Agra de Raíces de Cee, xunto coas da Asociación Paseniño as que se concentraron contra os recortes educativos da Xunta nos colexios e institutos.

Unha cita, apoiada polo BNG da Costa da Morte, para esixir máis horas de docencia de apoio a nenos e nenas con necesidades especiais.

Concentracion BNG Recrotes cee

Máis novas sobre os recortes

Comentarios