Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Os problemas co pediatra volven afectar a Fisterra

Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
Casa do Mar-Centro de Saúde de Fisterra
Os problemas co pediatra volven afectar a Fisterra

Volven os problemas co servizo de pediatría na Costa da Morte. Trala xubilación do puericultor que exercía no municipio, o Sergas sacou a concurso de méritos unha praza, pero a profesional que a gañou renunciou a ela. Dende esa, os problemas son continuos, como denuncia o BNG fisterrán.
A súa voceira, Tereixa Fernández, manifestou que “estamos vendo como as crianzas de Fisterra non contan cun servizo tan elemental, desde que se xubilou o profesional que exercía de puericultor na nosa vila, e lamentou que “teñamos que seguir loitando por algo que é un dereito e que tería que estar consolidado”.

“Non se entende que as autoridades sanitarias non establezan unhas condicións axeitadas para este tipo de postos de traballo de pediatría”, subliñou a edil nacionalista, que lembrou que “agora a atención pediátrica é derivada a Cee, que xa ten o servizo saturado”.

O BNG fisterrán fai un chamamento aos demáis grupos políticos “para esixir que se corrixa esta situación e que a Consellaría de Sanidade atenda ás demandas da veciñanza de Fisterra”.

Comentarios