Reiteran a necesidade de buscar unha nova ubicación para a estación de buses de Fisterra
Todos os anos igual. E parece que non se toman medidas. A Estación de Buses de Fisterra é un verdaidero caos, sobre todo cando coincide a hora de carga e descarga de camións coa chegada dos servizos de Arriva.
O lugar é a todas luces “inadecuado”, como lembra a Asociación de Veciños “Costa da Morte”. “Situada na rúa Federico Ávila, que é o vial de acceso ao porto de Fisterra polo que circulan todo tipo de vehículos (coches, autobuses, furgonetas, camións e autocaravanas) e cun só carril de ida e outro de volta, razón pola cal prodúcense constantes atascos, ao aparcar os autobuses para deixar ou recoller aos pasaxeiros e con grave perigo para a integridad física dos mesmos, ao ter que invadir a calzada para acceder ao autobús ou para deixar as equipaxes”.
Por iso, a entidade pide unha vez máis a busca dun novo emprazamento para a Estación.