Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Rescatados os tres tripulantes dun barco fisterrán que foi a pique

Rescate do Tamara por Salvamento Maritimo
Imaxe do rescate de Salvametno Marítimo
Rescatados os tres tripulantes dun barco fisterrán que foi a pique

Esta mañá os tres tripulantes dun pesqueiro con base en Fisterra foron rescatados tras afundirse o barco. Eran as 9:00h cando unha vía de auga provocaba que o Tamara afundise 2 millas ao sur do Cabo fisterrán.

O Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra recibiu a alerta do buque Meira da Costa informando de que había unha embarcación en apuros que chamaba pola canle VHF 16. Mobilizase inmediatamente o auxiliar do buque Don Inda e o helicóptero Helimer 401, ambos con motobombas.
Ás 9.08 horas, o recreo Batega rescata aos 3 tripulantes do pesqueiro Tamara e confirma que unha cuarta parte do barco está afundido.
O Salvamar Regulus foi mobilizado para tentar o remolque co auxiliar da embarcación Don Inda, pero finalmente, ás 10.01 horas, o pesqueiro afundiuse a 100 metros de profundidade. O avión Sasemar 305 está mobilizado para controlar os restos de contaminación.
 

Comentarios