Rescatan un peregrino que se lanzou ao bravo mar en Mar de Fóra

22:39 15/05/24
Nova tarde de gran tensión en Fisterra cun novo rescate no mar. Un peregrino estranxeiro lanzábase á auga en Mar de Fóra, a pesar da forte oleaxe. O mar comezou a provocar que batera cas pedras cando dous fisterráns que estaban de paseo, Skío e Suso da Insua, se lanzaron ao mar e o achegaron ás pedras, onde coa axuda de Kuka Sar o subiron ás rochas.
Pouco despois aparecía Protección Civil e o helicóptero de Salvamento Marítimo, que subiu ao peregrino, vivo, e o trasladoiu ao Hospital de referencia.
En Fisterra agardan que este suceso, con final non dramático, digamos, sirva de aviso e que non volva acontecer, porque cada verán pasan sucesos semellantes.