Un sábado de maxia e música en Sardiñeiro
09:39 11/07/23
Este sábado 15 de xullo o paseo marítimo de Sardiñeiro encherase de vida con dúas actividades ben xeitosas. A partir das 11:00h, abrirá as súas portas o Museo Encantado, con catro casetas con interacción, participación e xogos máxicos a cargo do Mago Dani García. Un confesionario, unha cabina telefónica, unha cabina fotográfica e a cabina de Gadalka, para facer rir e aboiar.
Ademais, a partir das 12:00h, chega Cé Orquesta Pantasma, o home que máis instrumentos toca por metro cadrado. Unha celebración chea de forza, ritmo e fantasía, onde o público deixa de ser público para converterse en protagonista.