xoves. 01.05.2025
El tiempo

Stephen Hawking xa ten a súa praza na fin da terra

Stephen Hawking xa ten a súa praza na fin da terra
Jorge Mira a Consul de Londres e Pepe Marcote descubrindo a placa da praza Stephen Hawking-Foto-Dario Gomez Jorge Mira, a Consul de Londres e Pepe Marcote descubrindo a placa da praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez Este pasado mércores 12 de abril, tivo lugar a inauguración da Praza Stephen Hawking. O Concello decidiu homenaxear a un dos científicos máis famosos do mundo atourgándolle o seu nome á praza que hai xusto antes do edificio do Faro. Un Hawking que visitou Fisterra en setembro de 2008, no marco dunha estadía dunha semana en Galicia, e manifestou sentirse impresionado polo lugar. Ao acto acodiron Alcalde do Concello de Fisterra, José Marcote Suárez; a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha; o voceiro da Asociación de Veciños de Fisterra José Carrillo; o ex alcalde José Manuel Traba e o alcalde de Corcubión, Lalo Insua. Non faltou, como non, o gran responsable de traer a este e a outra ducia de Premios Nobel á Costa da Morte. O catedrático de física e director do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela, o baiés Jorge Mira que fixo de gran anfitrión, A consul honorifica de Londres na Praza Stephen Hawking-Foto-Dario Gomez A consul honorífica de Londres na Praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez Inaugurando a Praza Stephen Hawking-Foto-Dario Gomez Inaugurando a Praza Stephen Hawking-Foto-Darío Gómez Stephen Hawking (1942), XVII Catedrático Lucasiano da Universidade de Cambridge (cátedra que ocupou no seu momento Isaac Newton), é o científico vivo máis coñecido do mundo. Entre os seus múltiples logros científicos, completou a estrutura teórica do Big Bang no marco da teoría da relatividade de Einstein e obtivo resultados fundamentais sobre o comportamento de buratos negros.

Novas relacionadas

Máis novas

  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios