Venres. 26.04.2024
El tiempo

Triple acto cultural para a fin de semana no Bela Fisterra

Leticia Rey-Foto-Cris Andina
Leticia Rey-Foto-Cris Andina
Triple acto cultural para a fin de semana no Bela Fisterra

Hotel Literario Bela Fisterra (de Fisterra) será un dos epicentros culturais da Costa da Morte esta fin de semana unha vez máis. Á recente homenaxe a  Camilo José Cela, súmanse agora un concerto en streaming o sábado 4 con Leticia Rey coma protagonista dende a súa habitación. Será ás 20:30 e poderá seguirse polo Instagram da artista de Vila de Cruces e tamén dende as redes do propio hotel. A continuación, na zona de restauración do hotel, poderá degustarse unha cata de viños da adega Galega Méndez Rojo que ten unha variedade de caldos galegos de diversas denominacións de orixe (Ribeira Sacra, Rías Baixas, Valdeorras...). Nesta cata presentarase en exclusiva o seu novo viño Ribeiro "Marqués de SanFiz".

O concerto de Leticia Rey terá un momento especial cando cante en directo por primeira vez a súa primeira canción en galego "Baleiro". Será editada neste mes de marzo nunha gravación na que soan exclusivamente o piano de Iago Mouriño e a voz delicada e espectacular de Leticia. A canción lánzase en marzo debido a que trata un tema especial para moitas mulleres.

O domingo 5 será o turno da presentación da segunda novela de Rodrigo Costoya, Misarela publicada por Editorial Galaxia no pasado mes de novembro. Esta obra é a v versión orixinal, tal como foi escrita en galego, da gañadora do IX Certame Cidade de Úbeda editada en castelán grazas ao premio co nome de El Custodio de los LibrosO autor compostelán está estes días de triple celebración, ademáis do citado lanzamento con Galaxia, a súa obra Portosanto chegou á 5ª edición na súa versión en galego e acaba de anunciar que o 4 de maio o Grupo Planeta, en concreto a editorial Espasa, será a que lance a terceira obra, a que pecha a triloxía De luz e de tebras baixo o título de Hijos de Gael. Tras a presentación da novela, Leticia Rey pechará o acto interprentando algunhas cancións.

Inscrición

Para asistir aos actos debe contactarse co hotel ubicado na Avda da Anchoa, e xusto coa Praia Langosteira ao seu carón. O email e o teléfono do hotel son [email protected] e 981110311

Comentarios