Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Turismo Fisterra fará entrega dos seus primeiros Premios

Turismo Fisterra fará entrega dos seus primeiros Premios
Xornadas Turismo Fisterra

O pasado mes de xullo 30 empresas creaban a Asociación Turismo Fisterra. Con Juan Marcos Traba á cabeza, e unha vez pasado o estrés estival, a entidade artella as Primeiras Xornadas Turismo Fisterra, que terá como punto cumio a I Gala Turismo Fisterra. Unha gala que terá lugar o vindeiro dia 16 de novembro no Restaurante Tearrón de Fisterra ás 21:00h, que custará 25€, que estará Amenizada pola actuación de Xilo e na que se realizará a entrega dos I Premios Turismo Fisterra.

Ese mesmo día 16, ás 18:00h, José Antonio de la Riera (Fundador FICS) e do doutor en historia Antón Pombo farán unha interesante charla coloquio sobre o Camiño fisterrán.

Ademias, a entidade organiza varias actividades, como a exposición “Premios Noveis Na Fin da Terra”, que estará no Concello e que será iagurada da man do físico Jorge Mira o sábado 10 de novembro a partir das 18:00 h.

Tamén, o xoves 15, ás 18.00h no Salón de Actos do Concello terán a presentación oficial e aberta do Plan Estratéxico de Turismo de Fisterra presentado por Pqliar Consulting.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-trintena-de-establecimentos-crean-a-asociacion-turismo-fisterra/

Comentarios