Un conto das milagres cotiás da patria Fisterra
Fisterranía, da boa, a que destila este novo traballo audiovisual con D.O. Costa da Morte. Olaia Sendón veu á súa patria de adopción para presentar o seu novo documental: “Fisterra, carne de safari”. A acolledora Praza da Constitución vestiuse de cine de verán para gozar dunha fermosa noite de estrea mundial, e un cento de inquedos espectadores acodiron a disfrutar da singular cita.
E saíron contentos de ver este conto cargado de imaxes propias, que unha nai conta ao seu fillo, cando este aínda é apenas un xurelín dentro do océano da súa barriga nai. Porque o documental é o resultado dun parto doble, xa que foi gravado durante o embarazo da propia autora, que traeu ao mundo ao pequeno Xandre.
Fermosa presentación de Fisterra Carne de Safari en FisterraA autora conta nunha voz en voz como o lugar no que vai nacer, reparando nesas escenas, neses espazos da infancia que xeran da identidade, que xeran patria. O Rostro, Quilmas, Lires, Arnela, Mar de Fóra, o Cabo fisterrán, Calcoba, Sardiñeiro (por suposto)… son tan protagonistas como os Paulina Mouzo, Fran Herbello, Manuel Sendón, Nerea Paz, Xavier Paz, Alexandre Nerium, Juan Creus, Palmira Castro, Juan Pedro Sendón, Domingo Facal, María Lado ou Clara Ogando.
A relixión do crebeiro, os “xigantes” barcos de papel de Palmira, as piraguas do proxecto milríos do avó Sendón, ou ata a procesión, forma parte destas milagres cotiás que recibirán ao pequeno Xandre. Un Xandre que seguro que tamén escoitará esas obras voces que falan de bestas ou de mitoloxías…
Por agora, non se poderá disfrutar do documental en aberto unha vez que seguen traballando para ensinalo nalgún festival. Seguro que ten percorrido.
Novas relacionadas
- Olaia Sendón presenta na fin da terra o seu novo documental, “Fisterra, carne de safari”.
- Corcubión percorreu en canoa a Galicia dos MilRíos.
- 2008: “Os fabulosos irmáns” foron presentados con moita expectación na Punta da Barca.
- A última proxección do Cine Mugía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).