Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un Nadal Cultural e unha Feira de Inverno na Fin da terra

Un Nadal Cultural e unha Feira de Inverno na Fin da terra
Nadal CULTURAL 2018 FISTERRA Feira de Inverno de Fisterra 2018

Xa arrincaba o programa ao longo da semana, pero as actividades máis singulares chegan dende este venres 14 de decembro, coa obra de teatro Píscore, que se celebrará ás 20:30h no Salón de Actos do Concello.

Unha das actividades máis singulares é a IV Feira de Inverno, que encherá de artesanía, cosmética, complementos… a planta alta do mercado Municipal do 20 ao 23 de decembro.

A programación volve o domingo 23 coa visita do Apalpador ao Centro de maiores e aos máis pequenos.

Que mellor que celebrar a tarde de Noiteboa con villancicos, e xa para o xoves 27, nova sesión de teatro.

Coma sempre, o sábado 5 de xaneiro, calbalgata polas aldeas dende as 11:00h, recepción ás 16:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro, desfile por Fisterra a partir das 18:00h e chegada á praza de constitución ás 19:15.

Comentarios