Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un premio para o Arco da Vella de Xusto Fisterra

Un premio para o Arco da Vella de Xusto Fisterra

Novo premio para un fotógrafo da Costa da Morte. Xusto Gómez, coñecido xa por Xusto Fisterra, leva tempo convertido nun auténtico afeccionado á fotografía. Xusto participa activamente na creación de contidos visuais, e escritos, para QPC e outros xornais da zona, e acaba de ver refrendada a súa afección cun premio.

Premio que chega do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa da Coruña (MACUF), que artellaba o concurso fotográfico Cazadores con Arco (Iris).

Xusto é un dos 13 gañadores coa súa instantánea "Dobre arco da vella, separando o novo do vello". E dende aquí queremos darlle unha enorme noraboa.

Máis información

Fonte

Comentarios