Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Veciños e fregueses únense para protexer o patrimonio fisterrán

Veciños e fregueses únense para protexer o patrimonio fisterrán
Protesta na Igrexa de Santa Maria das Areas-Foto-Dario Gomz Protesta na Igrexa de Santa Maria das Areas-Foto-Dario Gomz Humidades na pintura da Igrexa Santa Maria das Areas de Fisterra-Foto-Dario Gomez Xa apareceron as primeiras humidades na pintura da Igrexa Santa María das Areas de Fisterra-Foto-Dario Gomez

Houbo misa esta mañá de domingo 11 de outubro na Igrexa de Santa María das Areas. A primeira en varios meses, e a primeira despois da polémica xurdida entre a veciñanza a raíz da restauración do interior da Igrexa. E mentres no interior o párroco oficiaba a misa, no exterior, un grupo de veciños e fregueses xuntábanse para, nas súas propias palabras, “protexer o noso patrimonio”, criticando que se pintara de cor “auga mariña” os arcos de pedra que levan anos espidos. Unha cor que xa se viu salpicada polas humidades tras estes primeiros días de choivas, o que aumentou a indignación dos veciños, unha vez que o proxecto de César Portela propón esa pintura como argumento contra a humidade.

Foi un simple acto de presencia, sen berros, pero si con moito simbolismo. Falou a poeta Braca Vilela, cun escrito que comezaba cun claro “estamos aquí para amosar a nosa repulsa ante o que consideramos un atentado cara a nosa igrexa”. Destacaba Branca que é os que alnzaron hoxe a voz son xente sinxela o pobo mariñeiro e con gran devoción á Virxe das Areas e ao Santo Cristo. Botou Vilela malas palabras contra Patrimonio da Xunta, e criticou que “as obras se desenvolvesen a porta pechada, preguntando porque os veciños o permitimos sabendo o que pasara en Muxía ca Barca”. “Ninguén tivo constancia de que se ía pintar a pedra e xa hai quen di que hai que acostumarse aos cambios”, sinalou ao tempo que comparaba a restauración cunha acción grafitera ilegal.

”Que non nos intenten convencer de que non había outra solución ao deterioro”, deixa claro ao tempo que propón solucións, como “realizar un chorro de area para eliminar esa pintura”, pois “non é irreversible” o “disparate arquitectónico da man executora, o Sr. Portela”. Por iso piden a Patrimonio que fagan o necesario para “o restablecimento do carácter histórico que tiña o monumento”.

”O pobo de Fisterra fará o necesario para que a Igrexa volva ser a mesma, pois as pedras falan e nos contan a nosa historia”, recorda Branca, que rematou cun duro “agora xa sabemos de que cor é a dor, azul”.

Jose Insua, un dos promotores da protesta, escoita o manifesto de Branca Vilela Protesta na Igrexa de Santa Maria das Areas-Foto-Darío Gómez Jose Insua, un dos promotores da protesta, escoita o manifesto de Branca Vilela Protesta na Igrexa de Santa Maria das Areas-Foto-Darío Gómez Branca Vilela lendo na Igrexa de Fisterra-Foto-Dario Gomez Branca Vilela lendo na Igrexa de Fisterra-Foto-Dario Gomez Os teitos da Igrexa de Santa Maria das Areas xa con humidades-Foto-Dario Gomez Os teitos da Igrexa de Santa Maria das Areas xa con humidades-Foto-Dario Gomez

Polémica co párroco e o Santo Sepulcro

Non quedou aí a polémica, se non que o ambiente caldeouse ainda máis cando os compañeiros da prensa gráfica quixeron botar unha foto ao renovado “Santo Sepulcro”, gardado detrás dunha cortina na capela, e co que aínda non se sabe o que facer. Atopáronse os fotógrafos coa negativa do sacristán Perfecto Canosa, algo que sorprendeu negativamente aos membros da prensa.

Se ben a Xunta de Confrarías aínda non amosaron a súa posición oficial sobre toda a polémica, si que houbo confrarías, como a do Nazareno, que manifestaron o eu rontundo rexeitamento a todo o acontecido.

O vello e o novo San Sepulcro de Fisterra-Foto-Dario Gomez O vello e o novo San Sepulcro de Fisterra-Foto-Dario Gomez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios