Martes. 11.05.2021
El tiempo

15 novos diplomados co curso UEFA B celebrado de Muros

Familia de novos adestradores en Muros
Familia de novos adestradores en Muros
15 novos diplomados co curso UEFA B celebrado de Muros

Este mércores celebrouse no Auditorio Municipal de Muros a entrega de diplomas dos 15 adestradores que veén de sacar o curso UEFA B de adestrador que organiza a Escola Galega de Adestradores.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, a portavoz da Federación e integrante da Xunta Directiva, Silvia Cancela; o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; e o delegado federativo Manolo Corredoira, así como a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, acodiron ao acto.

O presidente quixo agradecer a colaboración municipal e sobre todo ao club Os Miúdos, “pola súa inestimable colaboración para poder levar a cabo este curso de formación e polo seu apoio en todos os eventos que a Federación leva a cabo na zona”.

Vinto con Rafael Louzan
Vinto recibiu unha camiseta da RFGF

comentarios