martes. 17.03.2026
El tiempo

2ª Div. Fem.: Só o Dumbría sumou de 3

11 do CF Dumbria en Ferrolterra
11 do CF Dumbria en Ferrolterra
2ª Div. Fem.: Só o Dumbría sumou de 3

Poucas novidades na xornada do Futfem costeiro. Descansaba o Muxía e o Tordoia non fallou, pero sufríu para gañar pola mínima na Torre ante o Orilla. As de Curro suman 3 puntos e un partido máis que as de Noe Iglesias.

No resto, destacar a vitoria do Dumbría ante un equipo en descenso, e os empates de Corme e Cee, mantendo aos 3 equipos esa zona UEFA. A que levou un novo golpe foi a Esteirana, que saíu goleada polo Bergan B, decidido a pelexar polo ascenso directo cos dous titáns.

Descansaba o Xallas na 1ª García Ulloa e (outra vez…) a #LigadaCostaFEM, na que só se disputou un partido atrasado da xornada 15 no que o Corcubión venceu en Fontenla ao filial xalleiro por 0-3, cos tantos de María Castro (2) e Lara.

Cultural Maniños - Dumbría (0-3)

  • Liss, Ana, Yaiza, Yoli, Carla Recarey, Claudia Cundíns, Elba, Carlas Lago, María, Alba e Alicia. Tamén: Mariña, Sofía, Sabela.
  • Goles: 0-1, m.37: Carla Lago; 0-2, m.62: Mariña; 0-3, m.74: en propia.

Nova viaxe longa que afrontaba a expedición dumbriesa ata terras ferrolás con moitas baixas. O partido comenzou con ritmo lento, cun Maniños intentando maniatar o xogo das costeiras, e estas sen saber impoñer o seu ritmo, circulando ben pero sen demasiado perigo. Unha indisposición de Claudia obrigaba a dar entrada a Sabela, que foi chave e revolucionou o partido, participando moito, facendo boas conducións e dando a asistencia para que Carla Lago desde fora fixera o 0-1. Antes do descanso aínda tivo algunha máis o cadro de Santi Lira para ampliar a vantaxe.

Na segunda e co marcador a favor as dumbriesas souberon controlar mellor o ritmo e xerar numerosas ocasións, ata que Mariña facía o 0-2. Dende aí o choque foi un monólogo cun Dumbría que dominaba e circulaba con sentido, sen presas, e asumindo poucos riscos, recuperando rápido e aproveitando o cansanzo das locais, que só eran 11 xogadoras.

Corme - Brexo Lema (3-3)

  • Corme: Lucía, Olalla, Saaskia, Laura, Aroa, Claudia Pérez, Ana Suárez, Natalia, Zeltia, Cris e Carla Pose. Tamén: Lucía Rod. Salomé.
  • Goles: 0-1, m.10: Rebeca; 1-1, m.19: Carla; 2-1, m.43: Cris; 3-1, m.47: Carla; 3-2, m.85: en propia; 3-3, m.90: Nerea de penalti.

Duro golpe o que levou o Corme no último suspiro no Cairo. Despois de facer o máis difícil, remontar o partido, viron como o rival lles birlaba dous puntos da man. O Brexo deixou xogar pero non estaba o Corme ben atinado. Comezaron golpeando as visitantes, pero pronto reaccionaron as de Rubén Souto co empate. Antes o descanso Cris metería ás locais por diante.

Si foi recoñecible o equipo nos primeiros 20 mintos da segunda, facendo Carla o terceiro, e tendo 4-5 ocasións para deixar o partido sentenciado. Pero cando parecía que o choque estaba claro, as de Cambre non se renderon e apretaron conseguindo a igualada nos últimos 5 minutos.

Cee - Eirís (0-0)

  • Cee: Noemí, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Laura, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara Casais, Sharay Caamaño. Tamén: Luchi, Martínez e Thalía.

Empate do Cee ante o Eirís na casa. Empezaron as de Rafa o partido dominando e achegándose con claridade a porta rival pero entre a defensa, a porteira e a falta de puntería o cadro local non rompía a igualada. As herculinas buscaron algunha contra, pero non non causaron perigo gracias ao gran traballo en defensa.

Na segunda parte foi igual, co Cee máis dominador e tendo varias ocasións coma unha de Paula Veiga que se vai desviada, ou unha falta de Duarte que despexa moi ben as porteira rival a córner.

Esteirana - Bergantiños (0-8)

  • Esteirana: Lidia, Sara, Sandra Dosil, Lara, Nerea, Tobío, Valen, Alba Carou, Bárbara e Rut. Tamén: Alicia.
  • Goles: Julia (3), Paula Rivera, Lucía, Naia, María Tojo (2).

Segue sufrindo o cadro de Fran Figueroa unha plaga de baixas, e desta volta, con 12, lesionábase Alicia no quecemento, que xa estaba ocupando a portería trala baixa de Maruxa, pediente de operar por romper o radio do brazo dereito. Así que Lidia meteuse baixo paus e afrontaron o choque sen cambios. Xa derrotadas antes de empezar, polo menos non pararon de pelexar ata o final, a pesar da superioridade do filiar carballés, que leva sen perder dende a xornada 6, e sumando case sempre de 3 en 3.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios