1ª e 2ª FEM: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa
Fantástica demostración de Muxía e Dumbría esta fin de semana en Arliña cun partidazo de altura que demostra o potencial do Fútbol costeiro na categoría autonómica. Un partido magnífico que só se decidiu no treito final do encontro, que deixa ao Dumbría a 3 do líder (un Tordoia que ten un partido máis) e ao Dumbría en postos de promoción.
Ademais, descansaba o Cee, e se ben o Corme parece que colle o pulso á categoría (sumou a súa cuarta vitoria seguida e o seu quinto partido sen perder), a Esteirana aínda está por amoldarse.
Ademais, na 1ª, escapáronselle 2 puntos ao Xallas no Carballiño ante todo un Arenteiro, xa que despois de poñerse por diante, as ourensás empataron no desconto. Quedan, empatados os dous equipos na metade da táboa, lonxe dos postos de descenso.
1ª Div. Galega, xornada 8
Arenteiro - Xallas (1-1)
- Xallas: Rosío, Ainhoa, Silvia, Andrea Otero, Sara, Noe, Isa, Paula Barcia, María Rial, Espasandín e Olalla. Tamén: Soraya e Daniela.
- Goles: 0-1, m.60: Olalla no rexeite dun córner; 1-1, m.89: Saleta marca no rexeite de Rosío a un penalti.
Partido moi parello na Uceira ao que as xalleiras saían con moita intensidade. Nos primeiros minutos fanlle un penalti a Isa que Oli mandaría ao longueiro. Tivo tamén Bacia unha boa internada pola dereita que acabou cun gol pantasma que non subiu ao marcador. Eran moi bos minutos das de Eloy García Fateira, mandando co balón e chegando arriba. Pero as locais tamén avisaban con algún balón ás costas da defensa.
No segundo tempo adiantarñianse pronto as costeiras tras un rexeite nun córner que aproveita a de sempre, Olalla. A dianteira xalleira leva xa 8 goles en 8 partidos, empatada no máis alto da lista de goleadoras con outras 3 xogadoras.
Tivo aí o cadro verde unha nova ocasión para sentenciar nun man a man de Espasandín que salva a meta local. Co paso dos minutos, ante o baixón físico das xalleiras (apenas foron 13 xogadoras por mor das baixas), as locais foron facéndose co partido, acabando cun asedio temendo. Paro Rosío aparecía unha e outra vez, mesmo parando un protestado penalti, que as locais aproveitaban no rexeite. Acabaría expulsada Noe Vimi cando estaba falando cunha rival, o que non impide poñer en valor do partidazo das costeiras.
2ª Div. Fem, xornada 8
Esteirana - Victoria C (1-3)
- Esteirana: Marux, Lara, Lidia, Tobío, Nerea, Marta Piñeiro, Melania, Uxía, Bárbara, Sandra Dosil e Rut. Tamén: Alicia.
- Goles: 1-0, m.35: Rut; 1-1, m.64: Julia; 1-2, m.71: Daniela; 1-3, m.76: Julia.
Nova derrota para as esteirás, desta volta na casa, cunha lectura diferente á do partido anterior, pero con detalles que lle impiden as de Fran Figueroa atopar a confianza para concretar e dominar os partidos. Na primeira parte xeraron ocasións as blaugranas a través de transicións rápidas e ademais do gol de Rut atoparon co longueiro en varias ocasións. Con todo, as coruñesas dominaban o balón con criterio pero o seu perigo atopábase cunha acertada actuación de Maruxa en varias ocasións claras.
Na segunda, as visitantes ademais de ter máis criterio co balón, superon gañar as costas da defensa local e materializaron a superioridade remontando o duelo e evitando deixar meterse de novo ao choque, deixando de novo sen puntos a unhas esteirás, con moitas baixas, que aínda non lle collen o pulso á categoría.
Muxía - Dumbría (5-2)
- Muxía: Sheula, Ana Toba, Raquel, María, Andrea Piroja, Laura Doce, Elsi, Patri Romaní, Barca, Eva Lago Eva Lema. Tamén: Marta, Nerea Pazos, Paula, Nerea Barrientos e Andrea Insua.
- Dumbría: Liss, Carril, Adriana, Laura, Yaiza, Sabela, Alba, Paula Fandiño, María, Alba e Yoli. Tamén: Elba, Claudia Cundíns, Lara, Mariña e Carla Recarey.
- Goles: 0-1, m.10: en propia; 1-1, m.26: Eva Lago; 1-2, m.31: María; 2-2, m.35: Eva Lema; 3-2, m.41: Patri Romaní; 4-2, m.88: Barca; 5-2, m.89: Barca.
Partidazo de altura en Arliña, demostrando o nivel actual do Fútbol da Costa na categoría.
Comenzaba o Muxía dominando ante unhas dumbriesas ben ordeadas intentando facer dano á contra. As primeiras ocasións serían para as locais, pero tras un corner poríanse por diante co gol de Laura axudada por unha defensa. As Corviñas seguían mandando mentres que as dumbriesas non souberon xogar co marcador e deixaron demasiados espazos que aproveitaron para empatar. Pero de novo, un mal despexe das locais acaba, coa axuda do vento, nos pés de María para facer o 1-2.
O partido estaba intenso, con accións nas dúas áreas, e Patri Romanía comezaba xa a tomar as rendas do choque. Aí, nestes últimos 10 minutos, daba un pase a Eva Lema para facer o empate, e pouco despois facía o terceiro para levar ás de Noe Iglesias por diante no marcador aos vestiarios.
Comezaba a segunda cun ritmo altísimo, coa posesión máis repartida, pero os dous equipos buscando a área rival en todas as accións. As de Santi Lira tiveron un par de por parte de Sheyla e ían tendo máis presenza en área contraria, pero tamén Liss tiña que aparecer en varias ocasións para manter o equipo con vida. Só contra o final , co Dumbría envorcado, nunha contra un movemento de Eva deixa soa a Barca que non perdona para matar o partido.
Partidazo que demostra que o Fútbol da Costa é unha potencia.
Corme - Ordes (5-0)
- Corme: Lucía, Saskia, Laura, Lucía; Zeltia (Ana), Olalla, Ana, Nati (Candela); Carla (Salomé), Claudia (Carla Vázquez), Cris.
- Goles: 1-0, m.15: Cris; 2-0, m.20: Carla; 3-0, m.26: Carla; 4-0, m.60: Nati; 5-0, m.74: Saskia.
Partido moi disputado o vivido no Cairo, contra un Ordes moi combativo nos duelos e con xente moi rápida arriba que obrigaba ás de Rubén Souto estar alerta en calquera perdida. Aínda así o equipo cormelán dou sacado adiante o encontro, sen ser capaces de darlle fluidez ao xogo eso sí, pero sin pasar apuros en ningún tramo do partido.
A familia cormelá envíalle ánimos á colexiada xalleira Andrea, que se lesionou e tivo que parar, esperando o partido máis dunha hora ata a chegada de relevo.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.