1ª FUTGAL: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Deu comezo o curso 24/25 no Fútbol da Costa, e fíxoo cunha fermoa primeira xornada na 1ª FUTGAL, na que o foco estaba posto no Conco. O Dumbría recibía ao recén ascendido Castriz, e aínda se notou que o cadro xalleiro necesita algo de rodaxe. Así e todo deu unha imaxe digna ante o que se perfila como un dos favoritos da categoría.
Polo demais, cómpre destacar o inicio do Fisterra que comezaba con goleada ante a súa afección. Fisterráns e dumbrieses comandan a clasificación, tamén cunha Esteirana, outro dos equipos que seguen apostando pola xente da casa, que
A cruz, ademais do Castriz, foi para Muxía e San Lorenzo. Ambos equipos, bastante renovados, sufrían a primeira derrota nas súas saídas, pero esperan recuperar sensacións na casa. Ollo, que a semana que vén xa un Muxía-Fisterra, coa resaca da Copa da Costa do ano pasado.
Vizoño - San Lorenzo (3-0)
- San Lorenzo: Mario, Pablo Rod., Pablo Garrido, Javi, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Ricardo Moya, Iago e Guille Botas. Tamén: Brais, Raúl, Íker, Alberto Campos, Hugo Canedo, e Andrés.
- Goles: 1-0, m.46: Fran Babío; 2-0, m.53: Fran Babío de penalti; 3-0, m.86: Diatta.
Partido igualado na primeira metade. O renovadísimo cadro de Cantudo alternaba no dominio e mesmo chegaba á meta local con varias ocasións para Riki, Baldo e Javi.
Arrincaba a segunda metade moito máis axitada, e se nada máis sacar o equipo carballés dispuña dunha primeira ocasión, na seguinte xogada os locais se adiantaban no marcador. Pouco despois facían o segundo de penalti, o SanLo sen perderlle a cara o partido tivo ocasións nas botas de Baldo, Raúl e a mais clara, de Riki, que tras superar o porteiro, chuta pero o seu tiro sacao un defensa baixo paus. Con todo arrinca, a 5 do final chegaría a sentenza local.
Fisterra - Bastavales (4-0)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Dani, Lobelos, Maikel, Jano, Isaac Fábregas, Bruno e Adrián Makaay. Tamén: Isma, Piti, Luis, Mauro, Juan, e Ángel.
- Goles: 1-0, m.47: Isaac de cabeza a un corner de Rubén; 2-0, m.79: Maikel Mouzo de volea fai o golazo da xornada dende lonxe; 3-0, m.92: Maikel Mouzo dende fóra; 4-0, m.96: Mauro de penalti cometido sobre el.
Saiu forte o cadro de Diego Lobelos, cunha presión alta e obrigando ao equipo visitante a lanzar longo, tendo en conta a fortaleza por arriba dos verdes. A Isaac se lle foi o control, e a Makaay un remate de cabeza nas mellores ocasións dos locais. Eles intentanban facer dano a balón parado, tendo que aparecer Joselu para facer un paradón co pé. Aínda tivo Bruno, que volvía á súa casa tras un exitoso periplo no Cee, unha boa internada.
Foron mellores os fisterráns na segunda, e pronto marcou Isaac de cabeza nun córner. A partir de aí a superioridade foi clara dos locais. Bruno estivo a piques de ampliar a renda. Non sufríu aí o cadro local, pero tardou en sentenciar, pero o fixo gracias aun golazo de Maikel Mouzo de volea aproveitando os novos balóns, máis lixeiros e menos amigos dos porteiros. Xa no desconto, ampliarían a renda con outra volea de Maikel e a aparición de Mauro, o que chega de xuvenís, que provocaba unha pena máxima e a transformaba, dando conta da renovación deste equipo coa xente da casa.
Toca derbi en Arliña a semana que vén.
Vea - Muxía (3-1)
- Muxía: Adrián, Michael, Carlos, Congui, Manu, Isma Márquez, Mauro, Iago Muíño, Hugo, Víctor Alcaina, Adam. Tamén: Ángel, Kevin, Mateo, Anxo, Manu Nogueira, Fabián, Darío.
- Goles: 0-1, m.19: Isma Márquez nunha contra regateando a varios defensas e cruzando o balón; 1-1, m.32: Chenel; 2-1, m.44: Chenel; 3-1, m.51: Bragaña.
Estrea agria do Muxía na 1ª FUTGAL. Os de Sergio Pataca comezaron moi ben asentados, e mesmo foron superiores a maior parte do partido, sendo capaces de encontrar a xente de dentro e ameazar a última liña do rival en moitas ocasións. Pero faltaba frescura arriba, estando moi espesos con balón no último tercio de campo. Aínda así, unha fermosa xogada de Isma permitía aos vermellos adiantarse, pero antes do descanso os locais lle daban a volta ao marcador, aproveitando un par de erros en defensa.
Outro erro aos 5 minutos da segunda metade foi demasiada lousa para os de Pataca, que non conseguiron volver meterse no partido a pesar de competir moi ben.
Toca preparar a visita do Fisterra.
Agolada - Esteirana (1-2)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Kevin Rial, Alex Rama, Toni, Pablo Rama, Oli, Rober Pladur e Elías. Tamén: Uxío, Héctor, Brais Noceda, Tobío e Pachi.
- Goles: 1-0 m.14: Cristian; 1-1, m.32: Alex Rama a pase de Pablo Rama; 1-2, m.54: Elías Ruso tras unha falta lateral.
Adaptouse moi ben o cadro de Iván González ao apretado campo do Hospitalillo. O cadro local, un punto mellor fisicamente que os esteiráns, dominaban a base de forza, e non permitía sacar o balón con facilidade aos esteiráns, e nun deses roubos, os locais se adiantaban. Puideron ampliar os locais, pero os blaugranas souberon calmar o balón e comezar a combinar. Fermosa foi a combinación que deu lugar ao empate entre os Rama. Eran bos minutos dos visitantes antes do descando, circulando ben o balón e tendo algunha que outra chegada.
Comezou tamén a segunda co cadro esteirán intentando solventar a presión local, e nunha falta lateral que tocaba Oli, Elías a colaba a gol. Estiveron cómodos os costeiros, ante un rival que intentaba empatar a base de xogo directo, con máis gañas que fútbol, pero non foron capaces, a pesar dun tanto no desconto anulado por fóra de xogo. Puido sentenciar tamén á contra os de Iván González, que suman 3 puntos e un comezo doce para este equipo que parte coa mesma base de xente da casa de sempre, este ano coa incorporación de Toni como gran reforzo.
Dumbría - Castriz (4-0)
- Dumbría: Anxo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Alex Marcote, Baba, Antonio Vilar, Lucas, Raúl, Dani Chao, Estévez. Tamén: Miguel, Brais, Antón, Iago Insua, Adrián Periscal, Xabi Castro e Isma Antelo.
- Castriz: Coke, Fabián, Marcos Mouro, Borja Gándara, Brais, Saúl, Anxo, Adrián García, Carlos Rieiro, Pastoriza, Miller. Tamén: Rodo, Sebas, Alberto Mata, Álvaro Pose, Iván Facal.
- Goles: 1-0, m.36: Raúl; 2-0, m.42: Diego Estévez; 3-0, m.70: Antonio; 4-0, m.76: Diego Estévez.
Comezaba a 1ª FUTGAL con este derbi intenso. O Castriz arrincaba demasiado nervioso, con moitos erros na saída de balón, e o Dumbría estaba mellor asentado no campo. Pouco a pouco os de Miguel Chouza comezaban a igualar o choque, pero aí marcaba Raúl nunha contra. Non tardou Estévez en marcar o segundo, e o partido baixou de revolucións.
Saíron polo partido na segunda os xalleiros, pero os de Pablo Conde teñen a máquina moi ben engraxada, e souberon manter a portería a cero, a pesar dun par de boas chegadas, sobre todo con dous mans a mans de Miller que non era quen de bater ao seu excompañeiro Anxo.
Marcou o terceiro o Dumbría e aí xa se rompeu o partido, tamén co cuarto de Estévez, para completar unha, se cadra excesiva, goleada ante un digno Castriz.
Máis información
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.