1ª FUTGAL: O Dumbría pon a quinta marcha
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Segunda xornada para os nosos 6 equipos na 1ª FUTGAL, e Dumbría, Muxía e Castriz sumaron vitoria. A do Muxía, o pasado xoves ante o Fisterra no choque adiantado pola Barca. O Dumbría vai como un tiro, con 7 goles a favor e 0 en contra. E o Castriz celebraba cunha vitoria a volta da categoría á San Pedro despois de 23 anos.
Os erros da Esteirana deixaron sen puntos aos de Iván González. Pero só queda o San Lorenzo por sumar. Os de Cantudo viviron un partido semellante ao da semana pasada, e a falta de acerto estalles penalizando.
San Lorenzo - Vea (0-2)
- San Lorenzo: Benja, Pablo Rod., Pablo Garrido, Sebas, Javi Pérez, Baldo, Alex Vázquez, Álex Costa, Hugo, Iago López, Guille Botas. Tamén: Brais, Íker, Alerto Campos, Ricardo Moya, Alex Taibo, Andrés e Rubén.
- Goles: 0-1, m.36: Chenel; 0-2, m.81: Troitiño.
O SanLo non foi capaz de superar ao Vea, nun choque no que se repetiu o guión da semana pasada. Comezaba con varias ocasións dos locais, como un man a man de Baldo que acaba no poste, un bo tiro de Javi Pérez ao longueiro e varias chegadas sobre a meta de Makelele. Pero cando mellor estaban os locais, un balón cazado por Chenel acaba en gol poñendo o 0-1.
Na 2ª metade os locais variaron o sistema e intentaron acurtar distancias, pero a 5' do final chegou o 0-2 nun balón parado.
Esteirana - Tordoia (2-4)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Pablo Rama, Kevin Rial, Alex Rama, Toni, Oli, Elías, Rober Pladur. Tamén: Piki, Uxío, Héctor, Brais Noceda, Tobío e Pachi.
- Goles: 1-0, m.5: Pablo Rama á reviravolta a centro de Simón; 1-1, m.17: Denis; 1-2, m.23: César Gontán tras unha falta lateral; 2-2, m.50: Rober Pladur de penalti; 2-3, m.51: César Gontán; 2-4, m.64: Denis tras roubarlle a carteira a un defensa.
Partido con moitos erros na parte de atrás que marcaron o devir do partido. O cadro de Iván González intentaban saír fiando, mentres os locais buscaban máis as costas da defensa local buscando a Abel e Denis. Pronto, nunha xogada ben combinaba Pablo Rama adiantaba aos locais.
Pouco despois un erro na saída do balón permite unha entrada ata liña de fondo e gol de empate. Mellorou aí o Tordoia, se ben Elías conseguía plantarse diante do porteiro pero lanza ao boneco. Do 2-1, ao 1-2, pois na xogada seguinte, nunha falta lateral tonta, e mal defendida, acaba en gol.
O partido segue igualado ata que ao fío do descanso Elías forza un penalti antes do desconto, pero el mesmo o falla.
Saía a Esteirana na segunda, e pronto o colexiado sinala un penalti por mans dos visitantes. Pladur empata. Eran os mellores momentos dos de Iván González, pero moi pronto un balón longo foi cazado por Gontán, que chuta, peta nun defensa e se cola na meta de MJ. Intentouno aí a Esteirana, tendo bos momentos co balón, pero nunha saída de balón, Denis róuballe a carteira a un defensa e define ante MJ.
Seguiu percutindo o cadro local, pero non marcou o cadro local nin co porteiro batido.
Castriz - Praíña (2-1)
- Castriz: Coke, Fabián, Borja Gándara, Marcos Mouro, Carlos Rieiro, Brais, Anxo, Iván Facal, Iván Pastoriza, Sebas, Miller. Tamén: Rodo, Alberto Mata, Noli, Álvaro e Gesto.
- Goles: 1-0, m.40: Miller róuballe o balón ao central e marca; 1-1, m.50: David Calvo de golazo de falta; 2-1, m.62: Borja Gándara remacha un centro chut de Miller.
Partido moi reñido, con moitas imprecisións, e cun Praíña abusando dun fútbol moi directo, contaxiando ao cadro de Miguel Chouza. Pouco a pouco os xalleiros foron intentando calmar o xogo e o último cuarto de hora foi bastante bo, puideron adiantarse cunha xogada de picardía de Miller.
Parecía que o Praíña se ía ter que expoñer máis na segunda, pero nada máis saír empatan cun golazo de falta. Aí, o Castriz soubo baixar o balón e, se ben non foi o seu mellor, partido, soubo esperar o seu momento. Chegou nunha xogada de Miller que remacha Borja Gándara. De aí ao final, a incerteza do resultado, entre as ocasións a base de balóns directos dos visitantes, e algunha contra dos xalleiros, o partido acabou.
Muxía - Fisterra (4-3)
- Muxía: Adrián, Anxo, Michael, Congui, Adam, Darío, Iago, Carlos Costa, Isma Márquez, Kevin, Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Damián, Mateo, Hugo Haz, Fabián, Eloy e Manu.
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Breixo, Dani, Maikel Mouzo, Jano, Juan, Bruno, Isaac Fábregas e Adrián Makaay. Tamén: Piti, Mauro, Aarón, Ángel e Miguel.
- Gol: 1-0, m.2: Isma Pose de cabeza a centro de Darío; 1-1, m.35: Bruno tras un rexeite; 2-1, m.43: en propia tras unha falta botada por Adam; 2-2, m.45: Bruno aproveita un rexeite de Joselu a tiro de Mauro; 2-3, m.60: Isaac Fábregas remata; 3-3, m.61: Hugo Haz coa axuda dun defensa tras xogada de Isma Pose; 4-3, m.87: Manu Nogueira lanza un penalti, que para Joselu pero non pode co rexeite.
Partido fermosísimo para o espectador, con emoción ata o pitido final o vivido o pasado xoves en Arliña. Choque ademais con moitos ex nas dúas filas, como Joselu, que ademais tivo que vestir unha camiseta do Muxía porque coincidían as cores, ou Maikel Mouzo.
O Fisterra saía apagado, e o Muxía aproveitaba un desaxuste defensivo para adiantarse de cabeza. O Fisterra espertaba e tomaba o mando e Bruno conseguía empatar á media hora nunha xogada na que os locais pedían fóra de xogo. Estaba o partido para o Fisterra, pero unha falta lateral botada por Adam era rematada por Maikel Mouzo na súa propia portería. Así e todo, Bruno volvía poñer o empate antes do descanso demostrando o vivo que estaba o partido.
Saía forte o Fisterra na segunda, apretando moito con faltas e saques de banda colgados a área, tendo ocasións Makaay e Isaac para adiantarse, ata que o propio Fábregas caza un balón que Makaay intentaba picarlle a Adrián e mete por diante aos de Lobelos. Pero na xogada seguinte, Isma Pose, o mellor do partido, vaise a liña de fondo, centra e entre Hugp Haz e un defensa meten o balón para dentro. Empate de novo.
Estaba ben o Muxía aí, pero pronto chega a expusión de Anxo, quedando o equipo de Sergio Pataca nunha situación bastante débil. E cando parecía que o Fisterra se viña para arriba, Isma Pose forza un penalti que Manu Nogueira marca á segunda.
Aínda apretou o Fisterra con balóns aos puntas, pero as expulsións de Yerba e Maikel Mouzo, demais da lesión de Juan, provocan demasiado peso nos de Lobelos.
Bertamiráns - Dumbría (0-3)
- Dumbría: Anxo, Marcos, Pablo Paz, Antonio Vilar, Dani Chao, Alex Marcote, Iago Insua, Baba, Lucas Toba, Raúl, Estévez. Tamén: Isma, Kanario, Martín, Quique Benlloch, Adrián Periscal e Xabi Castro.
- Goles: 0-1, m.8: Diego Estévez nun córner; 0-2, m.45: Raúl de zapatazo; 0-3, m.60: Raúl.
Noi puido facer o seu fútbol o cadro de Pablo Conde, pola calor e as pequenas dimensións do campo, pero desta volta estiveron, moi acertados de cara potería. Pronto marcaba Estévez nun córner. O Dumbría estaba máis en área contraria e non sufría, e xusto antes do descanso Raúl sacábase un zapatazo que puxo en vantaxe.
Saía forte o cadro local e mandou un balón ao pau, pero pronto os dumbrieses foron controlando o balón, mantendo a seguidade atrás e sacando contras, como a que Raúl cerciorou para o terceiro.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.