1ª FUTGAL: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Dous derbis tivo esta 5ª xornada da 1ª. Dous partidos que igualan a táboa de 5 equipos costeiros, que quedan en apenas 5 puntos na zona media-alta, sumando entre 9 e 7 puntos.
Máis abaixo queda o San Lorenzo, cun puntiño de pechacancelas, pero con aínda moito camiño por percorrer e moi pouca diferencia ante os postos de salvación.
Fisterra - Esteirana (3-1)
- Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Alex Vázquez, Piti, Maikel Mouzo, Lobelos, Mauro, Adrián Makaay, Isaac Fábregas e Bruno. Tamén: Rubén, Luisete, Fran, Aarón e Miguel.
- Esteirana: Víctor Leis, Simón, Code, Damián, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Toni, Piki, Oli e Rober Pladur. Tamén: Kevin Rial, Adrián, Uxío, Pachi e Godo.
- Goles: 1-0, m.28: Adrián Makaay de penalti tras un penalti do porteiro esteirán sobre Isaac; 2-0, m.47: Isaac Fábregas; 2-1, m.80: Kevin nun córner; 3-1, m.92: Isaac Fábregas.
Este Fisterra de Diego Lobelos, de brega, de entrega, comezou moi forte, creando perigo con balóns directos, e nun centro de Lobelos, rematou Isaac ao que respondeu o porteiro xuvenil Víctor Leis facía unha parada tremenda co pé.
Pouco despois chegaba unha das xogadas claves, dun dos xogadores claves, xunto a Isaac do partido: Joselu, que está facendo un temporadón, e sacoulle un man a man a Piki trascendental.
Nunha transición, Isaac provoca un penalti e Makaay convirte. O Fisterra controlou algo máis durante ese último cuarto de hora, tendo un par de ocasións, ante unha Esteirana que non era quen de poñer a calma que acostuma.
Saía con todo a Esteirana na segunda, pero nun roubo, moi directo, Aarón pasa a Dani, que lanza a Isaac que define en carreira con calidade. Os de Iván González sube liñas, e fai sufrir durante moitos minutos aos fisterráns, aguantando con Aarón e Dani no medio e Isma moi ben no lateral esquerdo. Aí Joselu volve aparecer para sacarlle dous balóns tremendos a Rober Pladur, e outra de Álex, e na outra área algunha contra tamén puido ter sentenciado.
Recurtaba a falta de 10 minutos a Esteirana, co choque totalmente roto, pero o Fisterra soubo paralizar o choque, ata que Isaac, outra das claves do partido xunto con Joselu, sentenza o partido. O Fisterra soubo parar o choque e deixalo morrer.
Tordoia - Castriz (1-2)
- Castriz: Coke, Fabián, Saul, Brais, Carlos Rieiro, Iván Facal, Borja Gándara, Adrián García, Pastoriza, Noli e Miller. Tamén: Rodo, Sebas, Alberto Mata, Álvaro, Iván Fraga e Gesto.
- Goles: 0-1, m.13: Adrián García; 0-2, m.34: Borja Gándara; 1-2, m.78: Jorge Liñares de penalti.
Afrontouse o Castro a outra piscina no campo do Antigo Gogullos. Pero os de Miguel Chouza asentouse mellor, gañando os segundos balóns e levando a inercia do xogo á meta local, metendo dous gles e puidendo meter Noli o terceiro. Na segunda, non sufriu demasiado o cadro xalleiro, sen ceder ocasións ante o cadro local, puideron sentenciar, pero acabando coa incerteza do resultado tras un penalti a falta de 15 minutos. Segue na boa liña o cadro de Miguel Chouza, sen xerar tanto como o ano pasado, e sen tanta eficacia, pero competindo moi ben a base dunha gran defensa e moita entrega.
Muxía - San Lorenzo (4-1)
- Muxía: Adrián, Mateo, Anxo, Carlos Costa, Darío, Julián, Mauro, Isma Pose, Manu Nogueira, Fran Moreira e Adam. Tamén: Ángel, Michael, Manu Martínez, Congui, Hugo e Iago Muíño.
- San Lorenzo: Mario, Pablo Garrido, Ragusa, Baldo, Alex Costa, Andrés Pombo, Alex Vázquez, Riki, Iago López, Alex Taibo, e Arantón. Tamén: Benja, Pablo Rod., Alberto Campos, Canedo, Pereiro, Javi Pérez e Rubén.
- Goles 1-0, m.21: Fran Moreira; 2-0, m.39: Isma Pose; 3-0, m.60: Manu Nogueira; 3-1, m.65: Arantón; 4-1, m.70: Isma Pose.
Saíron a por todas os dous equipos en Arliña, nunha xornada marcada polo vento. O Sanlo tivo unha gran primeira ocasión que solventou Adrián, pero o cadro de Pataca asentouse e Fran Moreira, tras un par de mans a mans ante Mario, non fallou á terceira. Tivo presa o cadro local para aproveitar o vento a favor, e precipitouse en varias ocasións, conseguindo facer o segundo antes do descanso.
Buscou o cadro de Cantudo o empate na segunda, pero Manu Nogueira acertaba a cazar un barullo na área visitante tras unha xogada por banda de Isma. A pesar dos tres tantos, o Sanlo apretou e recurtou pero pouco despois, nunha contra, sentenciaba co cuarto do cadro muxián.
Carral - Dumbría (2-1)
- Dumbría: Anxo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Dani Chao, Baba, Antonio, Lucas, Alex Marcote, Raúl e Estévez. Tamén: Isma; Mataso, Xabi Castro, Iago e Adrián Periscal.
- Goles:1-0, m.65: Jacobo Castro nunha falta lateral; 2-0, m.86: Guillermo; 2-1,m .90: Diego Estévez.
Non puido superar o Dumbría o impracticable estado do céspede natural do Castro. Os locais comezaron cunha marcha máis, pero pouco a pouco o choque foise igualando.
Na segunda xa o partido convertiuse noutro deporte, acuático, claro. Os locais acertaron en dúas xogadas a balón parado, unha ao comezo e outra a 5 do final. No medio, os dumbrieses tiveron 3 ocasións clarísimas, dous paradóns e un man a man que non foron quen de acertar. Recurtaron preto do final, e ainda tiveron un tiro de Baba para acadar o empate, pero a pesar do esforzo, volven de Carral sen premio.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.