1ª FUTGAL: Fútbol total
Tremendo o partido en Ara Solis entre Fisterra e San Lorenzo. Fútbol total, con dous equipos alegres e vistosos que fixeron as delicias do espectador, rematando cun empate in extremis e 8 goles para a lembranza. Foi o primeiro punto para os de Cantudo, e o cuarto para o Fisterra neste comezo de curso.
Polo demais, o Dumbría sufriu un parón na súa impecable marcha das dúas primeiras xornadas en Boimorto. Con 6 puntos queda tamén a Esteirana despois do seu vitorión en Vizoño. Máis abaixo Castriz, que sacaba un bo empate de Carral e o Muxía que non podía traer nada positivo do choque ante o Bastavales.
Boimorto - Dumbría (3-1)
- Dumbría: Anxo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Marcote, Antonio Vilar, Baba, Dani Chao, Estévez e Raúl. Tamén: Isma, Miguel, Brais, Trasmonte, Iago e Periscal.
- Goles: 1-0, m.80: Óscar Carro; 1-1, m.82: Alex Marcote de falta directa; 2-1, m.89: Borja Casal; 3-1, m.99: Borja Casal.
Día duro para o cadro dumbriés. Atopouse o Dumbría, que viña ca 5ª marcha posta, cun Boimorto moi potente, que suma xa vitorias en 3 partidos. Así e todo, o Dumbría perdeu no desconto, despois de merecer moito máis nun partido bastante igualado, con poucas ocasións, no que competiron moi ben,
Arrincaba o partido soso, sen ritmo, con pouco que contar na primeira. Xa na segunda, Pablo e Kanario tiñan que sacar un balón baixo paus, pero tamén Diego Estévez puido abrir o marcador, ademais de ver como lle anulaban unha xogada clara por un estrano fóra de xogo.
A 10 do final adiatábanse os locais tras unha boa xogada individual de . Pero o Dumbría reaccionaba e de contado Marcote empataba de falta directa. Quixo máis Pablo, foi valente e foi polo partido, mantendo o equipo arriba. Pero nunha contra o Boimorto facía o segundo. Xa co equipo envorcado no desconto, o Boimorto sentenciaba.
Bastavales - Muxía (2-0)
- Muxía: Adrián Suárez, Kevin, Carlos Costa, Michael, Darío, Mauro, Isma Márquez, Iago Muíño, Manu Nogueira e Hugo Haz. Tamén: Mateo, Congui, Fran Moreira, Adam, Julián e Manu.
- Goles: 1-0, m.12: Julián Nieto; 2-0, m.40: Julián Nieto.
Partido moi trabado ao que saían algo durmidos os muxiáns. Así e todo, Hugo puido abrir o marcador se atina o seu remate dende dentro da área. Pero o equipo de Sergio Pataca perdía cada segundo balón, cada duelo, e nunha falta colgada aos 15 minutos se adiantaban os locais. Non daban collido ritmo os visitantes e antes do descanso, tamén nunha segunda xogada, Julián Nieto meteu o balón de vaselina por riba de Adrián.
Na segunda estiveron máis activados os muxiáns, se ben nada máis comezar os locais mandaban un balón ao longueiro. Pero a partir de aí o partido foi de cor azul (neste caso), con 5 ou 6 ocasións claras de gol, pero sen acerto, como aconteceu no choque ante o Vea, que provoca que volvan de novo sen premio.
Fisterra - San Lorenzo (4-4)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Piti, Mauro, Jano, Aarón, Lobelos, Mauro, Bruno, Adrián Makaay. Tamén: Beltrán, Luisete, Jose, Ángel, e Miguel.
- San Lorenzo: Benja, Campos, Pablo Garrido, Javi, Baldo, Alex Costa, Andrés, Ricardo, Alex Vázquez, Alex Taibo e Guille Botas. Tamén: Brais, Íker, Pablo Rod., Iago, Hugo, Sebas e Rubén.
- Goles: 0-1, m.2: Baldo; 1-1, m.4: Adrián Makaay de penalti; 2-1, m.10: Piti a pase de Bruno; 3-1, m.20: en propia; 3-2, m.28: Alex Taibo; 4-2,m .55: Isaac remacha no man a man tras un pasazo de Makaay; 4-3, m.92: en propia; 4-4, m.94: Pereiro.
Derbi intenso no Ara Solis con fútbol total. Os de Diego Lobelos chegaban algo tocado de inicio, con dous xuvenís de inicio e con novidades. E así saían fríos despois dun estrano retraso, e nada máis saír Baldo adianta ao SanLo. Pero de contado o Fisterra empataba dende os 11 metros tras unha man.
A base de xogo directo o Fisterra facía dano e se Isaac remacha fóra un balón de Joselu, pouco despois Piti, que volvía ao campo despois dunha longa lesión dende a xornada 10 do ano pasado, facía o segundo. Se tempo a descansar, terceiro en propia.
O choque estaba roto, con ocasións nos dous lados: Isaac falla porta baleira; e Joselu ten que sacar o pé para salvar unha boa ocasión visitante. E nesas Taibo recurtaba distancias nunha xogada a balón parado sacada rapidamente. Antes do descanso Aarón Lobelos facía levantarse a todo Arasolis cun xogadón levando a 4 defensas e cedendo para que Makaay lance ao boneco.
A volta de vestiarios, e co Fisterra xogando máis replegado, pronto chegou á contra o 4-2 e parecía que o partido estaba sentenciado. Quedaba media hora, e se por un lado o Fisterra puido ter matado o partido, os de Cantudo apretaban acosando a meta de Joselu. Xa cando o tempo regulamentario estaba a punto de cumplirse, o SanLo recorta ao tocar o balón tras un córner nun xogador local. E xa no engadido, e cos visitantes volcados sobre a porteria rival, chegaria o empate tras un remate de cabeza de Pereiro a saída dun corner.
Tivo a vitoria local Isaac nun remate a porta baleira tras superar a Benja, e aínda unha Junior bateu no longueiro. Pero o resultado xa non se movería, quedando unha sensación de alegría na parroquia carballesa e “cara de parvo” na fisterrá.
Vizoño - Esteirana (0-3)
- Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Code, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Piki, Toni, Oli e Rober Pladur. Tamén: Damián, Uxío, Brais Noceda, Pachi e Godo.
- Goles: 0-1, m.8: Oli dende o borde da área; 0-2, m.20: Rober Pladur; 0-3, m.65: Toni de vaselina.
Dominou dende o pitido inicial o cadro de Iván González, circulando balón dende o inicio nun campo moi ancho, ante un Vizoño que abusaba do patadón. Chegaba e chegaba ben o cadro esteirán, e pronto Oli adiantaba aos blaugranas. Tamén chegaba o segundo, e o terceiro puido ter chegado antes do descanso, como un balón ao longueiro nun córner directo.
Pero o choque quedou aberto e no último treito da primeira, apretaron os locais a base de xogadas a balón parado. Na segunda saíron os locais a apretar máis arriba, e tiveron apenas un par de ocasións que solventou MJ moi ben. O cadro esteirán seguiron co plan de partido, intentando ter o balón e sentenciou da man de Toni, que demostrou a súa calidade cunha fermosa vaselina. Toni de novo e Brais puideron ampliar o marcador no mellor partido que levan os de Iván González neste comezo de curso.
Carral - Castriz (1-1)
- Castriz: Coke, Elvis, Borja Gándara, Saúl, Macos Mouro, Anxo, Iván Facal, Mata, Iván Pastoriza, Noli e Miller. Tamén: Rodo, Fabián, Álvaro, Gesto e Carlos Rieiro.
- Goles: 0-1, m.22: Borja Gándara tras un centro de Mata; 1-1, m.47: Cristian Taboada de falta.
Mellor partido que os anteriores o disputado no Castro polo cadro de Miguel Chouza. Dende o primeiro momento, estiveron moito mellor posicionados, gañando duelos, e dominando territorialmente, ante un equipo que comezaba con dúas vitorias. Ademais de adiantarse no marcador por medio de Borja Gándara, durante a primeira metade a sensación era que podía caer o segundo máis que o empate.
Pero na segunda os locais empatan o partido moi pronto, nunha nova falta directa como no Praíña. Pero non se veu abaixo cadro xalleiro, que criticaba o doble raseiro dos colexiados, e lamentaba, no treito final a expulsión de Noli. Así e todo, tivo a vitoria nun man a man de Miller que saíu lixeiramente escorado, malia que o partido tamén puido caer de lado local, pero Fabián rebañou un balón fundamental.
En todo caso, non hai mellor demostración do bo partido dos xalleiros que ver a sensación de desazón por non ter levado os 3 puntos, a pesar de rematar con 10 na casa dun dos de arriba.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.