mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis

Muxia-San Lorenzo en Arlina-Foto-Luis Gonzalez 2
Imaxe do Muxía-San Lorenzo en Arliña-Foto-Luís González
1ª FUTGAL: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis

Dous derbis tivo esta 5ª xornada da 1ª. Dous partidos que igualan a táboa de 5 equipos costeiros, que quedan en apenas 5 puntos na zona media-alta, sumando entre 9 e 7 puntos.

Máis abaixo queda o San Lorenzo, cun puntiño de pechacancelas, pero con aínda moito camiño por percorrer e moi pouca diferencia ante os postos de salvación.

Fisterra - Esteirana (3-1)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Alex Vázquez, Piti, Maikel Mouzo, Lobelos, Mauro, Adrián Makaay, Isaac Fábregas e Bruno. Tamén: Rubén, Luisete, Fran, Aarón e Miguel.
  • Esteirana: Víctor Leis, Simón, Code, Damián, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Toni, Piki, Oli e Rober Pladur. Tamén: Kevin Rial, Adrián, Uxío, Pachi e Godo.
  • Goles: 1-0, m.28: Adrián Makaay de penalti tras un penalti do porteiro esteirán sobre Isaac; 2-0, m.47: Isaac Fábregas; 2-1, m.80: Kevin nun córner; 3-1, m.92: Isaac Fábregas.

Fisterra e Esteirana en Ara Solis

Primeira metade moi boa do Fisterra ante unha Esteirana moi mellorada, que basea a súa forteleza nunha xeración que leva Lobelos sufindo dende hai case 20 anos, dende cadetes.

Este Fisterra de Diego Lobelos, de brega, de entrega, comezou moi forte, creando perigo con balóns directos, e nun centro de Lobelos, rematou Isaac ao que respondeu o porteiro xuvenil Víctor Leis facía unha parada tremenda co pé.
Pouco despois chegaba unha das xogadas claves, dun dos xogadores claves, xunto a Isaac do partido: Joselu, que está facendo un temporadón, e sacoulle un man a man a Piki trascendental.

Nunha transición, Isaac provoca un penalti e Makaay convirte. O Fisterra controlou algo máis durante ese último cuarto de hora, tendo un par de ocasións, ante unha Esteirana que non era quen de poñer a calma que acostuma.

Saía con todo a Esteirana na segunda, pero nun roubo, moi directo, Aarón pasa a Dani, que lanza a Isaac que define en carreira con calidade. Os de Iván González sube liñas, e fai sufrir durante moitos minutos aos fisterráns, aguantando con Aarón e Dani no medio e Isma moi ben no lateral esquerdo. Aí Joselu volve aparecer para sacarlle dous balóns tremendos a Rober Pladur, e outra de Álex, e na outra área algunha contra tamén puido ter sentenciado.

Recurtaba a falta de 10 minutos a Esteirana, co choque totalmente roto, pero o Fisterra soubo paralizar o choque, ata que Isaac, outra das claves do partido xunto con Joselu, sentenza o partido. O Fisterra soubo parar o choque e deixalo morrer.

Fisterra e Esteirana en Ara Solis 1
Lobelos e Pladur

Tordoia - Castriz (1-2)

  • Castriz: Coke, Fabián, Saul, Brais, Carlos Rieiro, Iván Facal, Borja Gándara, Adrián García, Pastoriza, Noli e Miller. Tamén: Rodo, Sebas, Alberto Mata, Álvaro, Iván Fraga e Gesto.
  • Goles: 0-1, m.13: Adrián García; 0-2, m.34: Borja Gándara; 1-2, m.78: Jorge Liñares de penalti.

Afrontouse o Castro a outra piscina no campo do Antigo Gogullos. Pero os de Miguel Chouza asentouse mellor, gañando os segundos balóns e levando a inercia do xogo á meta local, metendo dous gles e puidendo meter Noli o terceiro. Na segunda, non sufriu demasiado o cadro xalleiro, sen ceder ocasións ante o cadro local, puideron sentenciar, pero acabando coa incerteza do resultado tras un penalti a falta de 15 minutos. Segue na boa liña o cadro de Miguel Chouza, sen xerar tanto como o ano pasado, e sen tanta eficacia, pero competindo moi ben a base dunha gran defensa e moita entrega.

Muxía - San Lorenzo (4-1)

11 do Muxia  en Arlina-Foto-Luis Gonzalez
11 do Muxia en Arliña-Foto-Luís González
  • Muxía: Adrián, Mateo, Anxo, Carlos Costa, Darío, Julián, Mauro, Isma Pose, Manu Nogueira, Fran Moreira e Adam. Tamén: Ángel, Michael, Manu Martínez, Congui, Hugo e Iago Muíño.
11 do San Lorenzo en Arlina-Foto-Luis Gonzalez
11 do San Lorenzo en Arliña-Foto-Luís González
  • San Lorenzo: Mario, Pablo Garrido, Ragusa, Baldo, Alex Costa, Andrés Pombo, Alex Vázquez, Riki, Iago López, Alex Taibo, e Arantón. Tamén: Benja, Pablo Rod., Alberto Campos, Canedo, Pereiro, Javi Pérez e Rubén.
  • Goles 1-0, m.21: Fran Moreira; 2-0, m.39: Isma Pose; 3-0, m.60: Manu Nogueira; 3-1, m.65: Arantón; 4-1, m.70: Isma Pose.
Colexiados no Muxia-San Lorenzo de  en Arlina-Foto-Luis Gonzalez
Colexiadosen Arliña-Foto-Luís González

Saíron a por todas os dous equipos en Arliña, nunha xornada marcada polo vento. O Sanlo tivo unha gran primeira ocasión que solventou Adrián, pero o cadro de Pataca asentouse e Fran Moreira, tras un par de mans a mans ante Mario, non fallou á terceira. Tivo presa o cadro local para aproveitar o vento a favor, e precipitouse en varias ocasións, conseguindo facer o segundo antes do descanso.

Buscou o cadro de Cantudo o empate na segunda, pero Manu Nogueira acertaba a cazar un barullo na área visitante tras unha xogada por banda de Isma. A pesar dos tres tantos, o Sanlo apretou e recurtou pero pouco despois, nunha contra, sentenciaba co cuarto do cadro muxián.

Muxia-San Lorenzo en Arlina-Foto-Luis Gonzalez
Choque de Arliña-Foto-Luís González

Carral - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Anxo, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Dani Chao, Baba, Antonio, Lucas, Alex Marcote, Raúl e Estévez. Tamén: Isma; Mataso, Xabi Castro, Iago e Adrián Periscal.
  • Goles:1-0, m.65: Jacobo Castro nunha falta lateral; 2-0, m.86: Guillermo; 2-1,m .90: Diego Estévez.

Non puido superar o Dumbría o impracticable estado do céspede natural do Castro. Os locais comezaron cunha marcha máis, pero pouco a pouco o choque foise igualando.

Na segunda xa o partido convertiuse noutro deporte, acuático, claro. Os locais acertaron en dúas xogadas a balón parado, unha ao comezo e outra a 5 do final. No medio, os dumbrieses tiveron 3 ocasións clarísimas, dous paradóns e un man a man que non foron quen de acertar. Recurtaron preto do final, e ainda tiveron un tiro de Baba para acadar o empate, pero a pesar do esforzo, volven de Carral sen premio.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios