Luns. 07.10.2024
El tiempo

1ª FUTGAL: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza

11 do Dumbria ante o Praina
11 do Dumbria ante o Praíña
1ª FUTGAL: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza

Un pouco de todo na 4ª xornada da 1ª FUTGAL para os equipos costeiros. A Esteirana foi unha das grandes protagonistas, cunha goleada na casa que coloca aos de Iván González no trío de cabeza. Con 9 puntos tamén está o Dumbría despois da vitoria in extremis baixo a chuvia ante o Praíña.

Vitoria tamén para o Muxía, a segunda dos de Pataca, que se colocan na media táboa, algo mellor que o Castriz, ao que o puntiño lle sabe a pouco, e que o Fisterra, que competiu moi ben contra o líder, o intratable Club do Mar.

O que aínda non coñecen o sabor da vitoria é o San Lorenzo. Os de Cantudo tardan en meterse no partido e acaban tendo que ir a remolque, e onte non puideron co Bastavales.

Toca pensar xa na semana que vén, con doble derbi: un partido, seguro de goles, en Ara Solis entre Fisterra e Esteirana; e un apretado Muxía-San Lorenzo en Arliña.

San Lorenzo - Bastavales (2-3)

Plantel do San Lorenzo de Verdillo 24-25-Foto-Luis Gonzalez
Plantel do San Lorenzo de Verdillo 24-25-Foto-Luís González
  • San Lorenzo: Mario, Íker, Pablo Rod., Alberto Campos, Pablo Garrido, Riki, Andrés, Sebas Ragusa, Baldo, Alex Taibo e Costa. Tamén: Brais, Raúl, Arantón, Canedo, Pereiro, Javi e Rubén.
  • Goles: -1, m.20: Levis; 0-2, m.26: Julián Nieto; 1-2, m.31: Riki; 1-3, m.50: Miguel Aren; 2-3, m.60: Riki de falta.
San Lorenzo-Bastavales-Foto-Luis Gonzalez
San Lorenzo-Bastavales-Foto-Luís González

Parece que se non comeza perdendo o equipo de Cantudo non se fai aos partidos. Así volveu acontecer na 4ª xornada, na que o equipo volveu tardar en meterse no choque, e á media hora caía 0-2. Recurtaba antes do descanso por medio de Riki.

Na segunda metade, volvía pasar o mesmo e os visitantes facían o terceiro moi pronto. Reaccionou aí o Sanlo, que comezou a empurrar e pronto recurtaba e se metía de novo no partido cunha boa falta de Riki ao segundo pau.

Quedaba media hora de xogo e locais dispuxeron de varias ocasións para intentar empatar e os visitantes para pechar o partido, pero así e todo o resultado xa non se moveria.

O peor, a lesión de Iker, que rompeu o radio nun choque bastante violento cun rival.

Alex Taibo no San Lorenzo-Bastavales-Foto-Luis Gonzalez
Alex Taibo no San Lorenzo-Bastavales-Foto-Luís González

Esteirana - Calo (5-0)

  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Code, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Oli, Toni, Piki e Rober Pladur. Tamén: Damián, Adrián, Uxío, Brais Noceda, Pachi e Godo.
  • Goles: 1–0, m.23: Piki; 2-0, m.42: Pablo Rama; 3-0, m.47: Toni; 4-0, m.66: Pablo Rama; 5-0, m.84: Pachi.

Partidazo da Esteirana dos de Iván González, que volveu ser mellor que rival como nos partidos anteriores, mesmo contra o Tordoia que caeu por erros seus. Os esteiráns saíron con todo, tocando moito dende atrás superando as liñas de presión e atopando ocos para atacar. Piki desatascaba o choque tras algún achegamento tamén dos visitantes, pero a partir de aí abríanse máis espazos e tocando mellor. Os dous de Pablo e Toni antes de despois do descando permitiu un partido delicia para dominar, dar minutos e gozar.

Castriz - Agolada (1-1)

  • Castriz: Coke, Elvis, Saúl, Borja Gándara, Marcos Mouro, Carlos Rieiro, Iván Facal, Alberto Mata, Adrián García, Iván Pastoriza e Miller. Tamén: Iván Fraga; Rodo, Sebas, Álvaro e Brais.
  • Goles: 1-0, m.33: Borja Gándara; 1-1, m.67: Vilariño.

Sábelle, de novo, a pouco o empate aos de Miguel Chouza. O cadro xalleiro comezou correctamente ante rival moi forte, sen facer o seu mellor fútbol nun choque con moito contacto e moitos paróns, pero aínda así foron quen de darlle unha pausa e ter, ademais do gol, un par de grandes ocasións `por medio de Adrián e do propio goleador Borja Gándara.

Na segunda redoblaron a aposta polo xogo directo, metendo máis xente arriba, impedindo aos rossoneros combinar o suficiente. O choque estaba moi espeso, e parecía destinado ao 0-0, pero nunha xogada illada empataban. A partir de aí, o choque xa estaba demasiado bronco, lento, parado, e os de Chouza non conseguiron levantalo de novo.

Segue competindo, e ben, o recén ascendido.

Club do Mar - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Joselu; Isma, Colombia, Dani, Piti, Lobelos, Maikel Mouzo, Jano, Isaac Fábregas, Adrián Makaay e Bruno. Tamén: Rubén, Luisete,
  • Goles: 1-0, m.48: Ashier; 2-0, m.95: Mario Vila na contra dun córner co equipo fisterrán envorcado.

Club do Mar e SD Fisterra

Fixo un moi bo partido o Fisterra ante un Club do Mar que Lobelos cre que vai estar moi arriba, unha vez que xa leva 4 de 4. Saían os fisterráns algo máis atrás do normal, ante un cadro local que dominaba, pero sen demasiada profundidade. Sen ter o balón, si que tivo o Fisterra algo de sensación de perigo cun remate de Makaay, e un par de tiros lonxanos.

Comezaba a segunda metade cun golazo dos locais tras un cambio de xogo perfecto e un centro tenso que colaba Ashier a gol. O Fisterra intentou dar un paso adiante, buscando algún balón directo e segundas xogadas. O partido rompiuse un pouco pero os cambios dos laracheses refrescaron ben ao equipo, obrigando a Joselu a aparecer en varias ocasións.

Na outra área, os de Diego Lobelos ían envorcando o campo unha de Lobelos, un par de balóns cruzados, e sobre todo, a 2 do 45, chegaba a mellor ocasión para o empate cun remate de Isaac Fábregas que Adrián Rama fai un paradón doutra categoría.

Aínda que perdía a Colombia por doble cartón, o equipo fisterrán, a pesar das baixas, seguíu empurrando e xa no desconto aínda tivo un córner, pero na contra sentenciaban os caioneses.

SD Fisterra en Caion

Dumbría - Praiña (2-1)

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Marcos, Kanario, Pablo Paz, Baba, Antonio, Marcote, Raúl, Lucas Toba, e Diego Estévez. Tamén: Brais, Quique Benlloch, Isma, Antón, Adrián Trasmonte, Iago Insua e Xabi Castro.
  • Goles: 0-1, m.45: Aron; 1-1, m.57: Kanario; 2-1, m.90: Pablo Paz.

Capis do Dumbria e o Praina

Tivo fe o Dumbría nun choque dominado en todo momento, pero que se resistía. Na primeira parte tiveron varias opcións para marcar os de Pablo Conde, pero non estiveron acertados e no último minuto Aron abría o marcador cun golazo para uns visitantes que estiveron todo o partido moi replegados.

Non cambiaba o guión na segunda, pero o partido íase envorcando cada vez máis cara a meta visitante. Avisaban os locais con dous balóns á madeira antes de que Kanario rematase un balón para facer o empate. Non eran os mellores minutos co balón dos costeiros, xa baixo unha intensa chuvia que impedía mover ben o balón, pero non freou e seguiu empurrando con balóns directos ata o final, e xa casi na última do partido, un remate de Pablo Paz a unha falta lateral significaba a vitoria dumbriesa.

Muxía - Boimorto (2-0)

  • Muxía: Adrián, Mateo, Anxo, Michael, Darío, Carlos Costa, Isma Márquez, Victor Alcaina, Fran Moreira, Manu Nogueira e Adam. Tamén: Ángel, Gusa, Julián, Fabián, Kevin, Mauro, e Manu Martínez.
  • Goles: 1-0, m.40: en propia nunha falta dende tres cuartos; 2-0, m.77: Víctor Alcaina tralo pase da morte de Isma Pose.

Vitoria do Muxia en Arlina ante o Boimorto

Partido marcado na primeira metade polo vento e chuvia. Co vento a favor, os de Pataca foron dominadores, chegando ben arriba. Se ben tiveron un susto tras un erro na saída do balón do porteiro, pero ademais diso, si que dominaron, tendo varias ocasións para ampliar a renda.

Xa na segunda, a pesar de ter o vento en contra, o equipo muxián baixou o balón, triangulando moi ben en tres cuartos de campo, e filtrando balóns ás costas dos laterais, xerando moitas ocasións e sentenciando cunha fermosa xogada que culminaba Víctor Alcaina.
Satisfeito Sergio Pataca polo gran cambio dos seus con respecto aos últimos partidos.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios