mércores. 15.01.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía

11 do San Lorenzo-Foto-SD
11 do San Lorenzo-Foto-SD
1ª FUTGAL: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía

Remata o ano con bo sabor de boca o San Lorenzo tras sumar a súa primeira vitoria da temporada. O cadro de Iván Rojo aproveitaba o partido adiado da xornada 12, e disputado este domingo 29 de decembro, para sorprender e derrota ao Bertamiráns. Equipo que marca a salvación e que queda a apenas 4 puntos dos carballeses.

Os visitantes foron sempre por diante, sendo Eloy Arantón o que os adiantaba antes do descanso. Á volta o Berta empataba pero dous tantos de Riki e un Baldo en apenas 12 minutos deixaban o partido encarrilado. Así e todo, aínda houbo que sufrir, cun Bertamiráns envorcado, recurtando de penalti, e colocándose 3-4, ante un SanLo que quedaba con 9 no campo polas expulsións de Pere e Javi.

sd San Lorenzo celebrando a vitoria en Bertamirans
O San Lorenzo celebrando a vitoria en Bertamirans

O Dumbría bate co Muxía

Capis do Dumbria e o Muxia no Conco

Outro dos partidos adiados polo temporal ex Kirk que se disputaron este domingo foi o derbi de primeira entre Dumbría e Muxía. O cadro de Pablo Conde abriu a conta moi pronto, no min.2, cun tanto de Xabi Castro, e ao descanso xa levaba un cómodo 3-0 cos tantos de Alex Marcote e Xabi Castro de novo. AO final, Adrián Trasmonte ampliaba a renda.

Na Liga da Costa, o Corcubión asalta o Cairo

Partido de tolos o vivido no Cairo entre Corme e Corcubión, e que se salfou coa vitoria dos corcubioneses por 3-4. Adiantouse pronto o Corme co tanto de Samu Costa, pero César Lojo empataba antes do descanso. Repetíase o guión ao comezo da segunda, co tanto de Isra para o Corme, anulado rapidamente por outro do capi corcubionés Iago Lema. Pegou aí un estirón o equipo de Ángel Ventanas e Isi, e da man de Samu Rama e César Lojo se marchaba con vantaxe. Só no desconto o Corme recurtaba sen tempo do empate.

Máis info

Comentarios