Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas

Norberto Baio-Negreira 23-24 -Foto-Luis Gonzalez
Norberto no Baio-Negreira-Foto-Luis González
1ª Galicia: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas

Arrincou a campaña 23/24 para os 5 equipos costeiros na 1ª Galicia. Fíxoo co ollo posto no Conco, onde a Esteirana daba a “relativa” sorpresa vencendo a un Dumbría que se colocaba 2-0 pero que deixaba escapar a vitoria ante o empurre dos de Néstor Romero.

As outras dúas vitorias da xornada chegaron en Ara Solis e nas Pedreiras. O poderoso Fisterra dos da casa fíxose forte cunha firme vitoria ante o potente Bertamiráns. Ademais, O San Lorenzo estreou categoría cunha vitoria chea de goles para deleite da afección

A cruz, ademais do Dumbría, púxoa o Baio, que debutou cunha goleada nun dos campos máis complicados da categoría, tras un inicio fatídico.

Negreira - Baio (4-0)

11 do Baio-Negreira 23-24 -Foto-Luis Gonzalez
Primeiro 11 do Baio  -Foto-Luis Gonzalez
  • Baio: Iván Fraga, Norberto, Aitor Vilas, Dani López, Guiller Eiroa, Sertgio Antelo, Josiño, Iván Rod., Bieito, Pazos e Martín. Tamén; Guille Botas, Bruno, Pablo Rod., Rubén e Sergio Rod.
  • Goles: 1-0, m.5: Juan Diego; 2-0, m.6: Alberto Freire; 3-0, m.11: Juan de Celia; 4-0, m.87: Christian.
Bieito no Baio-Negreira 23-24 -Foto-Luis Gonzalez
Bieito  -Foto-Luis González

O novo equipo de Adrián Vázquez (ex adestrador xalleiro a campaña pasada), cos tamén ex verdes Jorge Colón e Juan de Celia (e o ex do Dumbría Darío Capelo saíu na segunda) puido co Baio no comezo da campaña. Os baieses saíron algo durmidos e no min.11 o punta loureán xa endosaba o terceiro tanto, deixando o partido practicamente sentenciado.
Os de Félix non foron que de dar a talla en ningun momento, a pesar de quedarse o Negreira cun home menos nos 30 min da primeira metade. Os locais foron superiores mesmo cun home menos, dando un  duro correctivo que sirva de aprendizaxe para competir nesta complicada categoría.

Podedes ver o partido na tele:

San Lorenzo - Valiño (4-3)

  • San Lorenzo: Benja, Pablo Garrido, Iago López, Andy, Juanjo, Jairo, Mateo Canedo, Eloy Arantón, Alex Taibo, Diego Varela, Raúl Añón. Tamén: Puyol, David, Manu Guillamet, Ricardo Moya, Joaquín e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.14: Juanjo; 2-0, m.35: Iago López; 2-1, m.59: Ozores; 3-1, m.62: Jairo; 4-1, m.71: Jairo; 4-2, m.75: Carlos; 4-3, m.81: Dani Silva de penalti.

Dous debutantes na categoría daba un fermoso espectáculo esta tarde de domingo nas Pedreiras. O equipo de Dani Casal. Empezaron os locais dominando na primeira parte co Valiño moi metido atrás e sen crear perigo claro en ningunha das dúas áreas. Ata que nunha recuperación de Juanjo en tres cuartos, logra marcar un auténtico golazo por toda a escuadra. Aos poucos minutos chegaría o segundo, tras unha xogada colectiva, definiría moi ben Iago, trás un bo pase de Eloy.

Á volta dos vestiarios, os 10 primeiros minutos os de Casal saíron bastante dormidos e o Valiño dispuxo de varias ocasións para recortar, e así o faría tras un erro da defensa local nunha xogada a balón parado, que fixo que o visitantes se meteran no partido de cheo. O Valiño adiantaría liñas e provocando que os carballeses deran un paso atrás, pero dúas fermosas contras permitirían a Jairo facer dous tantos, o terceiro trás un rechace da defensa, e o cuarto tras unha boa xogada individual despois dun bo pase de Taibo.

Relaxouse aí o cadro de Verdilllo, e o pouco lograrían meter o 4-2 tras unha mala saída de Benji, meténdose pouco despois de novo no partido tras un penalti cometido por Iago. Quedaban 10 minutos nos que os locais tiveron que sufrir para manter 3 puntos prezados na casa e a pensar xa no Bertamiráns.

San Lorenzo empeza con vitoria a 23-24
O San Lorenzo empeza con vitoria a 23-24

Fisterra - Bertamiráns (1-0)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Aarón Lobelos, Alex Vázquez, Mario, Juan Trillo, Isaac Fábregas, Estévez, Adrián Makaay. Tamén Paulo, Pacín, Marcote, Luís Lago, Jano, Adri Castro, Moha.
  • Gol: 1-0, m.42: Isaac Fábregas.

Fisterra e Valiño en ARA SOLIS

A armada fisterrá de Diego Lobelos arrincou nova tempada arroupado pola unha afección coma sempre entregada, con máis de 200 afeccionados nas bancadas. A volta dos Colombia, Isaac, Estévez ou Marcote, ademais do propio míster, e a recuperación parece que completa do patrón Makaay, fan deste Fisterra un aspirante a todo.

Ademais, era un día difícil para comezar, en plenas festas patronais. Os verdes comezaron nos primeiros minutos sendo dominantes e creando perigo, e tiveron unha boa ocasión nun tiro de Makaay ao longueiro. A partir de aí, o Bertamiráns cambiou e converteuse nun equipo máis recoñecido do que adoita ser. Fixéronse co control do balón e co fútbol combinativo, metendo aos fisterráns máis atrás. Non crearon grandes ocasións salvo un perigoso centro que o punta visitante fallaba baixo paus. E cando mellor estaban eles, antes do descanso, chegou o gol de Isaac a centro de Makaay. 

No segundo tempo, o balón seguíu sendo dos visitantes, pero sin ocasións para facer gol, cun Fisterra buscando facer dano na contra. A mellor estivo nos pés de Diego, pero a vaselina foiselle por riba.
Ata o final aguantaron os ataques visitantes e os 3 puntos quedaron na casa contra un gran equipo.

Isaac Fabregas na sua volta a Ara Solis co Fisterra
Isaac Fábregas na súa volta a Ara Solis co Fisterra

Dumbría - Esteirana (2-3)

  • Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Canario, Mario, Miller, Baba, Álex Sánchez, Mataso, Xián, Lucas Caamaño. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Dani, Rivi, Raúl, Alex Blanco e Antón Pose.
  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Samu Pensado, Simón, Code, Kevin Lariño, Pachi, Pablo Rama, Alex Rama, Oli, Piki. Tamén: Elías, Adrián Louro, Brais Noceda.
  • Goles: 1-0, m.35: Xián; 2-0, m.51: Lucas; 2-1, m.55: Alex Rama; 2-2, m.68: Elías; 2-3, m.89: Oli.

Dumbria-Esteirana 23-24

Tarde emocionante de fútbol no Conco neste primeiro derbi costeiro da tempada. Remontada tremenda da nova Esteirana de Néstor Romero ante o Dumbría de Pablo Conde. O partido empezaba con chegadas nas dúas áreas, e tras un gol anulado e un posible penalti na área dumbriesa, os locais se adiantaba co tanto de Xián. No comezo da segunda, Lucas Toba ampliaba a vantaxe para os locais, pero o cadro esteirán non se rendía. Aí un erro permitía a Alex Rama recurtar, e a partir de aí os locis perderon o control, os esteiráns daban un paso adiante, acertaron nas súas chegadas e conseguían ir marcando ata completar a remontada xa case que sobre o pitido final, cos tantos de Álex Rama, Elías e Oli.

Para Néstor, o equipo blaugrana “competiu moi ben e nunca se deu por derrotado, e seguiron traballando ata que pitou o final, e foi quen de darlle a volta ao marcador”. “Creo que o 2-0 non era xusto para o que se estaba vendo, porque estivemos moi ben prantados no campo, de feito, os primeiros 10 minutos puideron pitar un penalti ao noso favor e sufrimos un gol anulado. Ao final puxéronse eles por diante, pero estou moi orgulloso dos meus xogadores porque fixemos as cousas ben e conseguimos remontar ante un moi bo equipo”.

Máis info

Comentarios