Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Máis da metade dos clubs da Costa cambian de adestrador

Diego Lobelos-Nando e Fran Pioto e Roberto Amoedo
Fotos de Diego Lobelos, Nando e Fran Pioto e Roberto Amoedo
Máis da metade dos clubs da Costa cambian de adestrador

Vive o Fútbol da Costa época de novidades. Verán especialmentre cruento en canto ao relevo nas directivas, con moitos relevos nos que as familias pasan a ser protagonistas, casos singulares como o do Xallas (desaparece o Xallas B), e aínda dous equipos pendentes dunha posible desaparición, como son Volantes (o Corcubión mira de reollo o que pasa por Baño pois a súa desaparición suporía a permanencia do cadro corcubionés) e Castrelo.

Aínda pendentes da distribución, queremos ir facendo un repaso (que iremos actualizando ata completar o cadro), coa lista de adestradores dos 37 (por agora) equipos sénior masculino de cara a esta campaña 23/24.

Hai moitas novidades, ata 18 cambios de adestradores nos clubs costeiros (máis da metade), 11 xa confirmados e outros 8 clubs aínda por confirmar. Hai marchas sinaladas como a de Adrián Vázquez ao Negreira, ou saídas como as de Pedro Gómez, Ángel, Miguel Ramos, Jose Carabel ou Lilo despois de boas temporadas no Soneira, no Corme, no Outes no Buño ou no Laxe.

En hai chegadas singulares, como a volta de Diego Lobelos á súa casa, a aparición de Nando e Fran Pioto no Muxía, a fichaxe de Néstor pola Esteirana, a volta de David Castro ao fútbol costeiro, ou a fichaxe de Roberto Amoedo polo Lira.

Pero a lista é moito máis ampla, e aquí a repasamos e a iremos actualizando segundo vaian aparecendo novos nomes.

NOVAS SOBRE AS DIRECTIVAS

Comentarios