Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Delirio visitante no Cairo!

Corme-Ponteceso en QPCtv
Corme-Ponteceso en QPCtv
1ª Galicia: Delirio visitante no Cairo!

Corme 0 – 2 Ponteceso

Corme: Suso (Adri, 62’); Jesús (Borja Torrado, 87’), Aitor, Pandi, Brais; Eloy, Manu Bermúdez (Samuel, 70’), Doldán (Dieguito, 80’), Lucas; Toni (Sueiro, 76’) e Alejo.

Ponteceso: Brais; Isaac, Moscoso (Eloy Trigo, 46’), Ismail, Luca; Pablo, Recarey, Martín Puente (Dani Cotelo, 87’); Eloy Álvarez, Charro e Mara.

Goles: 0-1, 86’: Eloy Álvarez / 0-2, 95’: Charro, de penalti.

Incrible que o televisivo derbi do Cairo, con máis de 700 persoas nas bancadas, o levara o Ponteceso, pero o marabilloso do fútbol é esa incerteza que o fai único entre todos os deportes. Os locais as tiveron de todos os colores, chegando a bater ata catro veces cos postes da meta que defendía Brais, pero os tres puntos foron para a “capital” do concello. O partido comezou ademais con polémica, con Moscoso derribando a Alejo na frontal da área cando o dianteiro xa encaraba a Brais. Unha xogada moi protestada que o colexiado solucionou cun cartón amarelo que parecía pouca pena. Pero nesa falta chegou a primeira oportunidade, cun gran disparo de Lucas que daría no traveseiro. O capitán, gafado, aínda se estrelaría dúas veces máis co poste antes do descanso.

A segunda parte seguiu o guión da primeira, co Corme chegando unha e outra vez ante un Ponteceso que non era quen de poñer en problemas a portería de Suso, que se mancaba na saída dun córner. Máis, a catro minutos do final, un pase en longo atopaba a Eloy Álvarez que, sen ángulo, facía o 0-1 ante o delirio da afección visitante. Foise aínda máis arriba o Corme, pero nunha contra Charro provocaba un penalti que el mesmo convertería no 0-2 acompañado do asubío final.

elloy Alvarez en QPCtv

Mazaricos 2 – 0 Volantes de Baño

Mazaricos: Iván; Mario, Borja, Pose, Rachón; Chumiko (José Ángel, 65’), Ricardo, Sandelo (Pereiro, 76’); Marquiños (Oscarín, 46’), Kevin (Ramón, 79’) e Chiki (Molinos, 71’).

Volantes: Alberte; Godo, Santi (Ismael, 79’), David Pais, Oscarín; Pardelo, Pablo (Tico, 73’), RIki (Pesco, 46’); Álex, Mateo e Toni (Cajulo, 46’).

Goles: 1-0, 28’: Borja / 2-0, 70’: Sandelo.

Mazaricos - Volantes

Ollo con este Mazaricos, que está xa terceiro da preferente e que está a converter a Pedra do Ouro nun verdadeiro fortín. Os de Diego Gálvez dominaron ao Volantes de comezo a fin, creando dende o inicio varias e variadas ocasións nas botas de Kevin, Marcos, Sandelo ou Chiki. Pero a falta de puntería dos locais fixo que ao descanso a vantaxe so fora de 1-0 grazas ao gol de Borja a saída dun córner.

O descanso mellorou ao Volantes, que cambiou o sistema e introduciu a Pesco para achegarse máis á porta de Iván Baña. Non obstante, os amarelos seguían creando ocasións e sentenciarían o encontro grazas a un gol de Sandelo nun disparo dende a frontal da área.

Soneira 0 – 2 Baio

Soneira: Javi Souto; Pichi, Alemán, Brais Mouzo (De la Sierra, 75’), Leilán; Jano (Ángel, 85’), Álex Figueiras, Diego Lois; Dani Casal (Fran Calvo, 82’), Javi Souto, e Brais Pereira

Baio: Diego, Ceide, Yago, Álex Varela, Braian, Peke, Bieito, Rubio (Naim, 90’), MC (Mario, 57’), Porty (Hugo, 90’) e Paco.

Goles: 0-1, 38’: MC / 0-2, 55’: Paco.

Moito en xogo entre Soneira e Baio, xa que ningún dos dous equipos quería ver como se lle marchaba o dueto de colíderes a seis puntos. E esa presión viuse dende o comezo nun encontro con moitas trabas e con pouco xogo e menos ocasións. So Brais Pereira polos locais e Braian polos visitantes acariciaron o gol antes de que o conseguise MC, logo de quedar man a man ante Javi. Un MC, por certo, que marchaba mancado pouco despois.

Tras o paso por vestiarios, mellorou o Soneira, que si foi quen de impoñer o seu xogo e o seu ritmo, poñendo en problemas a defensa visitante e chegando incluso Pichi a marcar nunha xogada xa anulada. Pero nun ataque illado dos baieses, o balón lle chegaba a Paco caído na banda e, tras un caracoleo, sacaba un gran disparo para facer o 0-2, que xa sería definitivo pese a que houbo máis ocasións claras. A mala nova foi a lesión de Leilán na última xogada, que tivo que ser trasladado en ambulancia ante a dor que sentía no seu xeonllo.

Dumbría 1 – 0 Tordoia

Dumbría: Anxo; Code (Alejandro Sendón, 61’), Kanario, Pablo Paz, Mataso; Brais (Matías, 80’), Baba; Xacobe, Darío, Mario (Gusa, 90’); Yuyo (Marcote, 61’).

Gol: 1-0, 39’: Darío.

Dumbría - Tordoia

Segue o Dumbría co seu paso firme logo do seu empate da semana pasada no Pinguel. E iso que esta xornada tiñan unha pedra dura de roer, cun Tordoia que sempre lle pon as cousas complicadas aos seus rivais. E non foi menos hoxe, nun encontro sen moitas ocasións no que os de Pablo Conde tiveron o dominio da posesión e atoparon o gol nun disparo dende a frontal de Darío que se colaba por riba do porteiro visitante.

Na segunda parte, seguiu o Dumbría intentando abrir ocos na férrea defensa do Tordoia pero non era quen de facelo nin por bandas nin por dentro. Así se chegou ao minuto 80, cando os visitantes si comezaron a irse arriba para buscar, cando menos, o tanto do empate. Pero sen crear unha ocasión clara, o encontro terminaba cunha vitoria que deixa ao Dumbría colíder, empatado a puntos co Negreira.

Comentarios