2ª FUTGAL: Os favoritos van collendo sitio

Imaxe do Porteño-Baio-Foto-Campaña

5ª xornada da Liga da Costa e a cousa avanza paseniña. De líder segue o Camariñas, que sufriu para vencer en Lombáns, pero que demostrar se o equipo mási en forma e o único equipo invicto ata o de agora. O Soneira sumaba un puntiño e Cee, mentres o Xallas baixaba o ritmo do Monte Louro, cun golazo de falta de Doro no desconto que facía saltar a todo Fontenla, no día da presentación de todos os equipos do club.

Na Grixa o Baio venceu a un Porteño que non se dá atopado, mentres que o Mazaricos recupera a senda da vitoria ante un bo Coristanco. Queda o Corcubión de Ángel Ventanas e Isidro pechacancelas, pero seguro que vai mellorando fisicamente co paso das semanas. Ademais, o Outes busca relevo estando Sieira ao mando por agora trala saída de Álex Romero.

Porteño - Baio (2-3)

11 do Porteño na Grixa ante o Baio-Foto-Parker
  • Porteño: José, Gaba, Iván, Pejo, Brais, Rodri Darío, David, Nico, Alfredo, Yuyo e Carrabete. Tamén: Martín, Alan, Manoliño e Pablo.
11 do Baio na Grixa-Foto-Parker
  • Baio; Rodri, Pablo Rod., Norberto, Damián, Víctor, Rubén Porteiro, Carreira, Sergio Antelo, Chechi, MC. Tamén: Javi Souto, Bruno, Vila, Lucas e Aitor Vilas.
  • Goles: 1-0, m.6: Carrabete; 1-1, m.12: MC; 2-1, m.44: Yu7o de penalti; 2-2, m.55: Chechi; 2-3, m.88: MC.
Foto: Campaña

Fermoso partido o vivido na Grixa, xa con ritmo, e goles dende o inicio. Adiantouse pronto o cadro da Ponte nunha xogada de saque de banda, pero nunha contra tras un córner a favor, o Porteño non era quen de parar a MC que empataba. Ao fío do descanso, adiantáronse de novo os locais dende os 11 metros.

Na segunda, o Baio foi superior ante un cadro de Cousillas e Javi Baña que aónda non se dá atopado esta temporada, que non soubo nin ir a pechar o partido nin xogar a gardala roupa. O Baio facía dano en cada transición e pronto Chechi empataba. As mellores ocasións eran dos de Félix, que tiveron o premio dos puntos nunha xogada de MC xa no treito final.

Porteño-Baio-Foto-Campaña

 

Mazaricos - Coristanco (3-2)

  • Mazaricos: Íker, Matías, Borja, Chumiko, Fabio Barbeira, Luis Mayán, Brais, Sandelo, Marcos Bryan e Kevin. Tamén; Chiki, Adrián, Alex Calvo, Aarón e Sergio Lois.
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo Fraga, Prego, Sergio Lorenzo, Dani Vázquez, Diego Ferreiro, Jonathan Fraga, Iago Lavandeira, Kevin Rodríguez, Rodrigo. Tamén: Dani Castiñeiras, Dani Loureiro, Belarmino, Nico Abelenda e Joaquín.
  • Goles: 1-0, m.22: Borja nun córner; 2-0, m.25: Bryan; 3-0, m.71: en propia; 3-1, m.84: Casti a pase de Nico; 3-2, m.93: Joaquín de penalti.

Partido no cal o Coristanco comezaba apretando ben os 5 primeiros minutos nos cales podría poñerse en vantaxe por medio de Iago. Pronto esa presión comezou a ser menos intensa e entón fariase o Mazaricos co partido para comezar co primeiro gol nun balón parado. Combinaban ben os de Marcos, que facían dano polas bandas, e Bryan anotaba nunha xogada dudosa na que os coristanqueses pedían un posible fora de xogo. De aí ao descanso o Mazaricos dominou ben e puido ampliar a conta se non lle anulan un gol a Bryan por fóra de xogo. Tamén tivo antes do descanso algunha ocasión o cadro de Iván Vázquez.

Na segunda metade o Coristanco subía liñas e conseguía chegar máis aínda que sen acerto de cara a portería. Co partido roto, o Mazaricos con balóns longos crearía tamén ocasións, tendo varias de Kevin, Chiki… que ben puideron sentenciar.
No treito final o Coristanco conseguiría recurtar distancias cun bo gol de Dani Castiñeiras despois dun gran pase largo de Nico e o segundo un gol de penalti transformado por Joaquín. Pero non lle deu tempo a máis, ante un Mazaricos que acabou pedindo a hora un choque tiña practicamente sentenciado..

Outes - Corme (0-2)

  • Outes. Ryan, Jura, Chía, Xabi, Aarón, Martín, Adrián, Álvaro, Veleiro, Yago Dosil, e Keko. Tamén: Adrián Freire, Alberto, Stefan, Nico e Marcos.
  • Corme: Quique, Brais Pailos, Aitor, Teo, Fran Pombo, Borja Seoane, Yago, Lucas Figueroa, Borja Torrado, Lucas e Isra. Tamén: Xoel Castro, Xoel Amado, Senén e Iván.
  • Goles: 0-1, m.84: Borja Torrado; 0-2, m.93: Lucas de penalti.

Púxose Sieira, home da casa, á fronte do equipo trala marcha de Álex Romero, se ben o club anda buscando. Foi un partido moi igualado, cun Outes que tivo un par de boas ocasións pero apareceu Kike.

Na segunda, o Corme quería ir algo máis polo partido, pero o Outes non baixaba o ritmo. Só contra o final, Borja Torrado, nun balón sen demasiado perigo, abría o marcador, e xa no Lucas sentenciaba o choque e decidía o partido.

 

Muros - Cabana (1-1)

  • Muros: Aitor, Javi Pelos, Flavio, Xaco, Martín, Alon, Tajes, Quin, Peski, Dani Jurjo. Tamén: Alvaro, Manuva, Dran, Ramón e Óscar.
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Mario, Samuel, Noé, David, Migueliño, Nando, Micky Pose, Simón e Manu Romero. Tamén Diego, Pablo, Castro, Hugo e Ferreiro.
  • Goles: 1-0, m.42: Martín Dubert; 1-1, m.62: Aarón.

Salvou un punto o Muros na casa nun choque no que o Cabana foi superior, e tivo 25 minutos de superioridade numérica na que embotellou ao cadro local. O partido comezaba co Muros presionando en edio campo, sen permitir ocasións claras, pero si co cadro visitante facendo dano a balón parado, puidendo facer dous goles por medio de Mario. Porén foi o Muros o que se metí por diante.

Na segunda, o Muros non saía da súa área. Xa pronto empatou Arrón cun bo tiro de falta, pero o domingo aumentou máis cando Javi Pelos era expulsado por doble cartón na mesma xogada. Era un monólogo dos de Mingui, con dous balóns á madeira de Aarón e Migueliño, dous máns a mans de Pablo e Manu Romero, e un remate de Ferreiro ao que aparceu Aitor para salvar ao seus. Aínda os de Vinto tiveron unha contra ao final que puido darlle a volta ao partido, cunha doble ocasión de Dani e Xavi ao rexeite.

Lira - Camariñas (2-3)

  • Lira: Raúl, Isaac, Cartamil, Amoedo, Juan, Ramiro, Ángel, Migueliño, Oli, Marcos, Pablo Leis. Tamén: Ramón, Christian, Lois, Ángel Vigo e Alexis.
  • Camariñas: Pablo, Víctor, Carlos, Borja (Roi), Moriño, Hugo (Martín), Javi (Manuel), Soule, Mario (Brais), e Djibri.
  • Goles: 0-1, m.15: Soule; 1-1, m.31: Pablo Leis fai un golazo; 1-2, m.65: Djibril de penalti; 2-2, m.70: Amoedo de falta; 2-3, m.82: Javi Antelo de falta.

Partido intenso, vivido e polémico o vivido en Lombáns. Chegaba o Camariñas líder ao campo liracho e comezaba marcando ritmo ante un Lira que esperaba atrás. Pronto, un centro de Javi para Mario, que pasa a Soule, para que anticipandose a Raúl abra o marcador. Mellorou con balón aí o Lira, que comezaba a chegar, e se ben os de Cabrejo tiveron un par de contras, o empate chegaba á media hora cun golazo dende fóra da área, despois de controlar e facer un sombreiro a un defensa, de Pablo Leis, que xa avisara con anterioridade.

Saíu o Camariñas de novo con dominio, e Mario fai lucirse a Raúl, antes de que un penalti sobre Soule permita a Djibril meter aos seus por diante de novo. Tivo o terceiro o cadro visitante, pero o de Mario era anulado por fóra de xogo, e pouco despois Amoedo anota o empate de falta. Volvía intentalo o Camariñas, que a 10 do final facía o terceiro gracias a outro bo gol de falta de Javi Bicho, para darlle a vitoria aos camariñáns.

Ponteceso - Corcubión (5-1)

  • Ponteceso: Darío, Cotelo, Ángel, Nando, Luca, Pedro, Camilo, Martín, David Castro, Iván Rey e Eloy Álvarez. Tamén: Anxo, Ures, Juan Rey, Neira e Mendieta.
  • Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Castreje, Marcos, Martín, Mario, César Lojo, Luis Lojo e Iago Lema. Tamén: Nando, Leo, Alex Díaz, Dani e David Lojo.
  • Goles: 1-0, m.18: Camilo nunha fermosa media volta; 1-1, m.26: César Lojo; 2-1, m.38: Eloy Álvarez; 3-1, m.44: en propia tras un córner botado por Nando; 4-1, m.76: Luca; 5-1, m.90: Luca nunha xogada individual de forza e talento.

Comezaba o choque con pouco ritmo no Pinguel, cos dous equipos gardando ben a sua portería e concedendo poucas oportunidades. A primeira ocasión foi do equipo de Ángel Ventanas e Isidro, pero o Ponteceso foise facendo co balón e co dominio pouco a pouco e así aproximarse a meta visitante. O primeiro gol chegou nos pés de Camilo case mediado este primeiro tempo .Pouco lle durou a alegría os locais xa que César Lojo conseguiu empatar case a continuación poñendo as táboas no marcador. Pero despois de empatar o cadro corcubionés veuse abaixo fisicamente, ben posicionado, pero sufrindo e correndo detrás do balón. Nun erro dos visitantes que dou lugar a un balón dividido Eloy Álvarez volviu a adiantar os locais, con algo de sorte. Máis dano nas filas visitantes fixo o terceiro gol, este en propia, ao fío do descanso.

A volta do descanso empezaron os problemas no partido, que se tornou bronco, xa coa expulsión no m.52 do local Dani Cotelo, por protestar. O Corcubión intentouno, pero sen moita fe ante un Ponteceso que seguía firme, e os dous tantos no treito final de Luca demostraron a maior intensidade dos locais.

Cee - Soneira (1-1)

  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Noé, Munitis, Rui, Charlu, Anxo, Jose, Sergio, Eze e Trini. Tamén: Isaías, Iago Trillo, Alex Muíño, JOnathan e Dani Fontaíña.
  • Soneira: Pity, Maikol, Josiño, Héctor, Oreiro, Cachi, Bieito, Adrián Canosa, Sergio, Iván Blanco e Vía. Tamén Brais Dono, Mateo, David LP, Jesús e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.11 Adrián Canosa; 1-1, m.19: Eze.

Partido moi aberto, bastante tolo, onde calquera dos dous equipos puido levar a vitoria. Un Soneira algo máis dominador de balón pero ao fin e o cabo ambos conxuntos gozaron de varias oportunidades para marcar. Adiantouse pronto o cadro de Josiño Abelenda, co tanto de Canosa, pero Eze empataría fun fermoso zurdazo dende a frontal.
Na segunda, o partido romperíase e o marcador no se moveu de milagre.

Xallas - Monte Louro (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, García, Ramón, Marcos Carro, Macareno, Yago Facal, Fidi, Asier, Doro, Dani Barbeira e Rubén Blanco. Tamén: Joel, Erre, Mourelle, Peque e Adrián Couto.
  • Monte Louro: Pedro, Samuel, Verán, David Pais, Rodri, Raúl, Riki, Chano, Xián, Álvaro e Iker. Tamén: Pablo, Luismi, David Lestón, Martín e Javi.
  • Goles: 1-0, m.13 Xián; 1-1, m.55: Erre nun complicado remate de cabeza nunha falta; 2-1, m.92: Doro de fermosa falta dende a frontal.
O Xallas saíu cunha camieta de ánimo a Nando_Foto-Edu Olveira

Unha xenialidade de Doro, cunha faltiña dende o borde da área, dáballe 3 sufridos puntos ao Xallas, que xa se vai colando na zona de arriba. E iso que na primeira metade o cadro de Bibi fixo un gran primeiro tempo no día da presentación de todas as categorías do cadro xalleiro. Os loureáns xogaban rápido, cun Xián abarcando moito campo e mesmo abrindo o marcador. Se na área do Louro Pedro salvaba todo con solvencia, na área xalleira Riki tivo un par de mans a mans con Iván Couto e mesmo Íker tivo unha ocasión moi clara para ampliar a renda.

Xián driblando no Xallas-Monte Louro_Foto-Edu Olveira
Pedro moi seguro na meta loureá_Foto-Edu Olveira

Saíu o cadro de Doriño e Churián, cos cambios, máis enchufado, e pronto Erre empataba. Pero a expulsión de Peque envalentonou ao Xallas que, con 10, deu o 110% e a base de esforzo e solidariedade, embotellou ao Monte Louro durante moitos minutos. Pero o partido non se rompeu ata o desconto, cando apareceu a maxia de Doro, cunha fermosa falta dende a frontal, que provocaba unha celebración coma se fose unha final da champion.

Xallas-Monte Louro- Foto-Edu Olveira Iker

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info