2ª FUTGAL: O Camariñas presenta candidatura
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
4ª xornada na Liga da Costa e xa non temos pleno. O Soneira, que viña de vencer os 3 primeiros partidos, sucumbría na casa ante un Monte Louro que sorprende e se coloca no trío de cabeza. O que xa viña avisando era o Camariñas, que volveu golear, desta volta a todo un Mazaricos, e se coloca de líder con 10 puntos.
Arriba tamén se mete o Llira, único equipo invicto da categoría xunto o propio Camariñas e o Porteño, que suma de 1 en 1.
Entre as novidades, a dimisión de Alex Romero como adestrador do Outes por motivos persoais.
Baio - Cee (3-2)
- Baio: Javi Souto, Damián, Sergio, Aitor Vilas, Porteiro, Manu, Carreira, Yago Couto, Josiño, Víctor, e Rubén Sánchez. Tamén: Rodri, Bruno, MC, Sergio Antelo e Lucas.
- Cee: Iván Bouzón, Jonathan, Munitis, Roberto, Carlos, Anxo, Josiño, Keko, Eze e Trini. Tamén; Isaías, Rui, Dani Fontaíña, Diouck e Mugdrige.
- Goles: 0-1, m.5: Keko tras un roubo na saída do balón; 1-1, m.15: Sergio Antelo; 1-2, m.65: Eze; 2-2, m.87: MV; 3-2, m.88: Aitor Vilas.
En 4 minutos envorcou o Baio un partido que levaba o Cee por diante dende o minuto 5. Keko abría o marcador para os de Rafa Suárez tras un erro na saída de balón dos baieses. Pero o Baio conseguía levar a iniciativa e empataba pouco despois a balón parado.
Na segunda metade, comezaba igualado, e Iván Bouzón sorprendía cun balón longo ao espazo que Eze aproveitaba para facer o segundo. O Baio, sen demasiada orde, e con máis corazón, empurrou ata que apareceron, nos últimos 4 minutos, dous veteranos como MC e Eloi Vilas para darlle a volta ao marcadorc, con algo de sorte nos rebotes.
Cabana - Outes (1-1)
- Cabana: Manu, Noé (Mario), Samuel, Ferreiro, Aarón, Fernando (David), Miki, Castro (Hugo), Simón, Migueliño, Manu (Pablo).
- Outes: Adrián Freire, Jura, Paulo, Babu, Xabi, Esteban (Marcos); Martín, Álvaro, Veleiro (Kevin); Yago (Aarón) e Keko.
- Goles: 0-1, m.40: Álvaro; 1-1, m.66: Mario.
Partido competido por ambos equipos, que comezaba cunha primeira metade espesa, cun Cabana algo máis metido pero sin crear excesivo peligro ante un Outes que estaba cómodo esperando e contraatacando. A balón parado facía dano o cadro cabanés, tendo a mellor ocasión nun centro de Aarón ao que non chega por milímetros Manu na liña de gol. Antes do descando, Yago avisaba das intencións do Outes pero sacaba un defensa baxo paus, pero pouco despois unha boa xogada de Keko é finalizada moi ben por álvaro para facer o 0-1.
Mellorou o Cabana, máis aguerrido, ao comezo da segunda se ben Yago Dosil puido facer o segundo para os visitantes. Apretaba o Cabana e tivo varias ocasións, dúas de Mario e outra de Manuel, que salvaba Adrián Freire, porteiro xuvenil debutaba como titular debido a lesión de Ryan, antes do gol do empate.
Sufriu aí o Outes, pero conseguía asentarse e no treito final lazou dúas contras por medio de Keko e Álvaro que foron paralizadas polo meta Manu.
Corme - Lira (0-1)
- Corme: Quique, Brais Pailos, Davydson, Álvaro, Aitor, Álvaro Sanz, Teo, Borja Torrado, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Laik, Noel, Yago, Xoel Castro e Xoel Amado.
- Lira: Raúl, Isaac Maceiras, Cartamil, Amoedo, Lois, Ángel Sestayo, Christian, Migueliño, Juan, Pablo Leis e Oli. Tamén: Cibrán, Ramón, Ramiro, Xoel e Alexis Lago.
- Gol: 0-1, m.72: Roberto Amoedo.
Saíu o Corme co balón, pero sen demasiados achegamentos. O Lira foise estirando e avisaron cun par de tiros de Pablo Leis. Aí si que tivo o Corme un par de boas ocasións, pero apareceu Raúl para salvar aos lirachos.
Na segunda saíu mellor o Lira, meténdose por diante cun gol de falta de Amoedo. Reaccionou o cadro de Adrián Lema, que mandaba un balón ao longueiro, e con varios achegamentos, pero tivo que volver a aparecer Raúl. Tivo a sentenza o Lira tamén pero Xoel salvaba baixo paus e o partido non se decidiu ata o pitido final.
Soneira - Monte Louro (0-1)
- Soneira: Pity, Maikol, Adrián Canosa, Héctor, Javi Lema, Cachi, Brais, Bieito, David LP, Vía e Sergio. Tamén: Dono, Gabri, Carlos, Samuel, e Josiño.
- Monte Louro: Pedro, David, Samuel, Verán, Juan Lois; Raúl, Riki, Luismi, Álvaro, Xián; e Javi. Tamén: Chouza, Rodri, Chano, Martín e Íker.
- Gol: 0-1, m,76: Íker anota un golazo de falta.
Freou o Monte Louro a este potente babySoneira, a base dun traballo defensivo impecable. Foi nun partido moi igualado que se decidiu nunha xogada a balón parado, cun golazo de Íker de falta. Sen un dominador claro e poucas oportunidades de gol en ambos marcos, aos de Josiño Abelenda faltoulle a frescura das pasadas semanas a pesar de ter máis o balón.
Os de Bibi foron de menos a máis, e o fondo de armario danlle moito ao equipo. Tivo Vía nos seus pés a máis clara do soneira e Bieito outra bastante clara pero non entraron e Iker si acertou dende fóra da área.
Camariñas - Mazaricos (5-0)
- Camariñas: Pablo, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez (Borja), Moriño (Manuel), Hugo (Martín), Javi, Soule, Mario (Alex), e Djibril.
- Mazaricos: Íker, Matías, Borja, Chumiko, Chiki, Brais Canosa, Luís, Bryan, Marcos, Sandelo, Molinos. Tamén: Kevin, Adrian, Aaron, Lois e Fabio Barbeira.
- Goles: 1-0, m.39: Djibril; 2-0, m.50: Mario; 3-0, m.75: Mario; 4-0, m.80: Djibril a pase de Soule; 5-0, m.87: Naco.
Partidazo do Camariñas ante un Mazaricos que durante o primeiro tempo estivo moi ben moi serio, mesmo tendo dúas boas ocasións por medio de Marquiños a centro de Chiki e outra de Marcos que non colle portería. No outro cambio, os extremos Soule e Mario facían dano e tamén chegaban ocasións deles dous, de Hugo e de Djibril.
Pero a xogada chave chegaba no m.40, cando nun saque de porta, Mario rouba o balón ante as protestas da defensa amarela que pedía falta por estar dentro da área, pero o colexiado non sinala nada, Mario cede a Djibril que abre o marcador.
Antes do descanso, chega o segundo gol de Mario a pase de Javi, co Mazaricos protestando por posible fóra de xogo.
O Mazaricos adiantou liñas, buscando recortar, pero o pau o impediu, e nos últimos 15 minutos, cun Mario espectacular rompe o choque.
Coristanco - Ponteceso (0-1)
- Coristanco: Rubén, Chechu, Damián, Hugo, Sergio Lorenzo, Dani Vázquez, Iago Lavandeira, Diego Ferreiro, Daniel Castiñeiras, Rodrigo Álvarez e Kevin Rodríguez. Tamén Prego, Javi, Jonathan Fraga, Joaquín e Álex Iglesias.
- Ponteceso: Darío, Ures, Cotelo, Luca, Pedro, Iván Rod, Martín, David, Camilo, Mendieta e Neira. Tamén: Miguel, Juan Rey, Luis, Eloy Álvarez e Mara.
- Gol: 0-1, m.78: Mara de cabeza nun córner.
Chegaba o Coristanco moi forte, ante un Ponteceso que levaba un so punto, e nada máis comezar tiñan dúas claras ocasións, mandando un balón ao longueiro. Nestes primeiros minutos foron mellores os de Coristanco pero pouco a pouco o Ponteceso foise situando no campo e igualando o partido para despois ser mellores. Neira puido adiantar ao Ponteceso cun balón dividido que gañou e enviou o pao. Camilo na banda esquerda tamén era un pesadelo para os locais.
Na segunda parte os de Julio Vila seguían sendo un pouco mellores e dispoñían de algunha que outra xogada para acercarse a meta local, sobre todo a balón parado. O Coristanco non se arredaba e ben poido adiantarse cun gran remate dende fóra da área que Dario envíou a córner de maneira excepcional .E sería nun córner cando se adiantarian os visitantes por medio de un gran remate de cabeza de Mara.
Os de Iván Vázquez foron a polo empate e tamén a base de balóns parados poñerian cerco a meta do Ponteceso, a mellor nos pés de Jonathan Fraga que salvaba o meta dun Ponteceso que defendiu ben a súa ventaxe, antes de ver como o colexiado expulsaba a Julio Vila por un insulto pouco apropiado.
Corcubión - Porteño (2-2)
- Corcubión: Mario, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Castreje, Antón, Martín, Luís Lojo, Jose, César Lojo, Iago Lema. Tamén: Samuel Rama, Fernando, Alex Díaz, Dani, Samuel Trillo.
- Porteño: José, Nico, Pejo, Pablo, Brais, Mayor, Joseba, Nico, Alfredo, Yuyo e Darío. Tamén: Ibra, Rodri, Carra e Iván.
- Goles: 0-1, m.38: Alfredo de cabeza; 0-2, m.39: Darío de cabeza; 1-2, m.50: Iago Lema; 2-2, m.89: Fernando.
Mal partido deste Porteño que está moi irregular neste comezo de temporada e que se metíu por diante sen merecelo. Pero non soubo xestionar o partido, e estivo moi precipitado co balón. O Corcubión de Ángel Ventanas, a base de entrega, foise metendo no partido. Pronto recurtaba Iago Lema, e coa fe por bandeira, foi apretando ata que no último suspiro, Fernando asinaba o merecido empate.
Muros - Xallas (1-5)
- Muros: Aitor, Manuva, Alon, Javi, Juan, Peski, Xaco, Flavio, Benji, Quin e Álex. Tamén: Ginki, Dani, Martín, Ángel e Fran.
- Xallas: Iván Couto, Ramón, Iván García, Macareno, Fidi, Adrián, Yago Facal, Asier, Dani Barbeira, Doro, Rubén Blanco. Tamén:
- Goles: 0-1, m.6: Doro de penalti cometido sobre el mesmo; 0-2, m.11: Dani Barbeira; 0-3, m.30: Dani Barbeira; 0-4, m.79: Erre; 1-4, m.78: Pelos de tiro lonxano; 1-5, m.82: Adrián Couto.
Chegaba o Muros o Xallas coa necesidade de gañar tras tres partidos sen facelo. E se atopaba un campo de Miraflores anegado. Así e todo saía moi forte e nada máis comezar Doro forzaba un penalti e se adiantaba. As ausencias de Xavi e Dani (só puido xogar 10 minutos por motivos de saúde) arriba nos de Vinto deixaban o equipo muradán moi tocado.
Os de Doriño facían dano con balóns ás costas da defensa e xa solventaron antes do descanso cun claro 0-3, e aínda viu o Muros como lle expulsaban a Juanchy.
Na segunda intentaron manter o tipo ante un bo Xallas.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.