Xoves. 03.10.2024
El tiempo

2ª FUTGAL: Finde de derbis

Morino e Pejo no derbi Camarinas-Porteno no Vicente Carril-Foto-Parker
Moriño e Pejo no derbi Camariñas-Porteno no Vicente Carril-Foto-Parker
2ª FUTGAL: Finde de derbis

Dous derbis totais e outros dous de proximidade se viviron esta fin de semana na Liga da Costa.

Se cadra, o máis destacado foi o soneirán, onde o Soneira venceu ao Baio e presenta a súa candidatura, sendo o único equipo, xunto o Coristanco (que venceu ao Cee), que suma dúas vitorias en dous partidos.

Polo Norte, o Cairo vía como o Corme gañáballe a partida ao Ponteceso. No Vicente Carril viviuse un fermoso Porteño-Camariñas, con remate igualado, mentres que no sur, o Lira marchou cos tres puntos do Eleuterio Balayo no derbi ante o Muros.

Polo demais, interesante remontada, a base de balón parado, do Mazaricos nas Redondas, e igualado choque entre Outes e Xallas no Cunchido.

Outes - Xallas (2-2)

  • Outes: Ryan; Jura, Paulo (Babu), Adri (Nico), Xabi (Aarón), Estefan; Martín, Vele, Keko, Alvaro; e Yago.
  • Xallas: Iván Couto, Marcos Carro, Joel, Yago Facal, Asier, García, Fidi, Adrián Couto, Rubén Sande, Rubén Blanco, Dani Barbeira. Tamén; Joser, Doro, Erre, Macareno e Adrián López.
  • Goles: 0-1, m.17: Marcos Carro remata de cabeza un centro de Rubén Blanco; 1-1, m.23: Veleiro; 2-1, m.54: Babu de penalti; 2-2, m.83: Rubén Blanco.

Con máis músculo chegou o Xallas ao Cunchido, para un choque no que os dous equipos tiraban de balóns longos ás costas da defensa, se ben as defensas dominaban ás dianteiras.Chegaba o primeiro gol xalleiro, pero pouco despois, nunha das poucas aproximacións Veleiro empate o partido ao recoller un balón rechazado do poste.

Xa na segunda metade, o partido incrementou o ritmo tras os cambios en ambos equipos. Foi unha segunda metade moi física, con varias lesións (os dous centrais locais tiñan que ser substituídos, e Rubén Sande deixaba aos xalleiros con 9 no treito final tras sufrir unha escordadura de nocello). Pronto Babu adiantaba aos locais dende os 11 metros.
O partido tornouse algo bronco con dúas expulsións xalleiras, de Doriño e de Fidalgo. Yago puido sentenciar, pero o Xallas, a pesar de estar con 9 apretaba, pedindo unha pena máxima sobre Fidi, e xa no treito final, tras un saque de banda longo Rubén Blanco acadaba o empate.
No desconto a vitoria puido caer de ambos lados.

Muros - Lira (0-1)

  • Muros: Aitor; Martín, Alon, Dani, Quin; Fran, Peski; Xaco, Juanchi, Flavio e Xavi. Tamén: Jesús, Alex, Ángel, Benji e Ginki.
  • Lira: Aitor, Cartamil, Amoedo, Ramiro, Marcos, Sestayo, Xoel, Vigo, Juanciño, Miguel e Pablo Leis. Tamén: Carlos, Isaac, Christian, Oli e Lois.
  • Gol: 0-1, m.85: Marcos a centro de Oli.

Partido tenso e vibrante que comezaba cun Muros moi forte, tendo varias ocasións no primeito treito, destacando un balón ao pau tras unha falta botad por Flavio.

Na segunda, o Lira estirábase un pouco máis, pero sen perio, tendo o cadro de Vintos varias saídas claras á contra como unha de Xavi ou un tiro de Flavio que detivo moi ben Aitor, porteiro xuvenil de primeiro ano que dá un respiro aos lirachos, mentres Raúl está de vacacións, demostrando o valor que supón ter canteira nos clubs da comarca. Xa no treito final, cando parecía destinado ao empate, unha xogada de Oli que saca centro para que Marcos a empuxe para facer o único tanto do partido, dando os puntos para os de Roberto Amoedo.

Baio - Soneira (0-2)

11 do Baio ante o Soneira

  • Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Damián, Sergio, Yago Couto, Rubén Porteiro, Carreira, MC. Tamén: Rodrigo, Rubén Sánchez, Antelo, Josiño e Lucas.

11 do Soneira en Baio

  • Soneira: Shoalvy, Maikol, Adrián, Sergio, Javi, Héctor, Cachi, Bieito, Brais Pereira, Vía, David. Tamén: Brais, Gabri, Carlos, Samuel e Andrade.
  • Goles: 0-1, m.33: Vía; 0-2, m.90: Vía.

Baio-Soneira

Partido bonito no Platas Reinoso no derbi soneirán onde o Baio intentou ter mais o balón ante un Soneira ben posicionado que tivo máis oportunidades e sobre todo, acerto. Cun gol en cada parte, Vía marcaba a diferencia e un equipo moi ordeado facia estéril a posesión do Baio na segunda parte.

O cadro de Josiño Abelenda, cheo de baixas, puido sen demasiada dificultade cun cadro baiés que ten que poñer unha mellor actitude sobre o césdepe, como recoñece o propio Félix Raposo.

Corme - Ponteceso (1-0)

  • Corme: Quique, Brais Pailos, Martín, Aitor, Joshua, Borja Seoane, Borja Torrado, Teo, Samu Costa, Lucas e Isra. Tamén: Noel, Xoel, Senén, Iván e Álvaro.
  • Ponteceso: Darío, Javi Souto, Cotelo, Ángel, Luca, Pedro, Mendieta, Alberto Recarey, Camilo, Eloy Álvarez. Tamén: Miguel, Juan Rey, Luís, David Castro e Martín.
  • Gol: 1-0, m.22: Lucas aproveita un balón solto e anotou un golazo.

Corme-Ponteceso no Cairo

Partido intenso, típico de derbi, cun Ponteceso que saía moi forte, chegando á área de Quique, tendo varias ocasións para adiantarse, pero sen acerto. Nunha das poucas chegadas dos cormeláns Lucas cazou un balón na frontal e colou un golazo.

O Ponteceso dominaba cun bloque medio alto, sen deixar respirar aos cormeláns, que fixeron un esforzo físico tremendo para afuantar as embestidas visitantes, tendo o balón durante os 90 minutos, con ocasións sobre todo para Alberto Recarey, Mendieta e Eloy Álvarez pero sen acerto cara gol, gracias tamén a un gran Quique.

Cabana - Mazaricos (2-3)

  • Cabana: Manu Mario (Noé), David, Ferreiro, Aarón, Fernando, Miki (Hugo), Moreno (Castro), Simón(Gabri), Migueliño, Pablo (Cristian).
  • Mazaricos: Íker, Luis, Fabio, Borja, Pereiro, Raúl Chumiko, Sandelo, Marcos, Molinos, Bryan e Brais. Tamén: Matías, Moreira, Chiki e Sergio Lois.
  • Goles: 1-0, m.27: Migueliño; 2-0, m.43: Migueliño; 2-1, m.58: Borja nunha falta lateral; 2-2, m.71: Borja nunha falta lateral; 2-3, m.76: Bryan nun córner.

Saía ben o Mazaricos durante os primeiros 15 minutos, pero a partir de aí, un cambio táctico de Mingui permite que os locais comecen a dominar e gañar duelos. A base de intensidade chegan arriba e marcan dous goles de Migueliño e aínda tiveron varias ocasións para ampliar a renda, como un centro chut de Aarón que peta no longueiro.

Avisaba Moli xusto antes do pitido final que a cousa ía cambiar na segunda. Os de Marcos arriscaron, viñeron algo arriba e conseguían empatar e darlle a volta ao marcador en dúas faltas laterais e un corner mal defendidas polos cabaneses.

Os locais, con menos folgos, intentáronno puideron marcar sobre todo nunha de Noé ao longueiro e no rexeite un defensa saca da liña o bo golpeo de Castro.

Camariñas - Porteño (2-2)

11 do Camarinas no derbi Camarinas-Porteno no Vicente Carril-Foto-Parker
11 do Camariñas noVicente Carril-Foto-Parker
  • Camariñas: Carlos, Oliver, Pablo (Caamaño), Moriño, (Hugo), Javi, Soule, Mario e Djibri..
11 do Porteno no Camarinas-Porteno no Vicente Carril-Foto-Parker
11 do Porteño no Vicente Carril-Foto-Parker
  • Porteño: José, Darío, Pejo, Brais, Rodri, Mayor, Joseba, David, Nico, Alfredo e Yuyo. Tamén: Nico Ventoso, Pablo, Iván e Alan.
  • Goles: 1-0, m.10: Hugo a pase de Víctor; 2-0, m.15: Djibril de penalti sobre Soule; 2-1, m.30: Yuyo; 2-2, m.70: Pablo nun córner.

Típico derbi con moita pelexa, que foi decaendo por minutos. Entraba mellor o cadro de Cabrejo e Faus, cun gran Mario pola dereita, tocando ben e facendo dano, meténdose con 2-0 moi pronto. Sufrían os de Cousillas e Javi Baña, tendo varias ocasións os locais para ampliar a renda, ata que á media hora, reaccionaba, Alfredo mandaba un balón ao longueiro e nun córner Yuyo recurta.

Pouco despois, tras unha entrada de Joseba a Soule, prodúcese unha tangana saíndo expulsados Soule por un lado e Darío polo outro.

Na segunda, o choque foi máis crú, con xogo máis directo, cun Porteño algo máis incisivo pero sen calma co balón. Á contra puido chegar o terceiro por bando local, pero o Porteño conseguía empatar nun córner.

O choque puido ter de calquera lado, mesmo trala expulsión de Yuyo por cortar unha contra. Tivo unha Alan boa que salvou Carlos, mentres que na outra área o cadro local tivo un par de córners.

Coristanco - Cee (2-1)

  • Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo, Belar, Sergio, Dani Vázquez, Iago, Dani Lou, Kevin, Dani Casti e Rodrigo. Tamén Prego, Damián, Nico, Joaquín e Diego Ferreiro.
  • Cee: Iván Bouzón, Iago Trillo, Noe, Munitis, Robeto, Carlos, Anxo, Jose, Fidalgo, Eze e Trini. Tamén: Jorge, Rui, Alex Muíño, Regueiro e Gabri.
  • Goles: 0-1, m.30: Carlos remata unha falta botada por Eze; 1-1, m.50: Casti; 2-1, m.64: Kevin.

Partido moi disputado ata o final. Comezou o Coristanco cunha presión alta con 2 boas ocasións, pero o Cee comezou a estar máis cómodo con balón e chegou o gol nunha falta botada por Ezequiel e rematada por Carlos, o fillo do míster Rafa Suárez.

A volta de vestiarios o Coristanco segue presionando arriba, provocando erros na saída do balón e nunha desas Casti plántase só diante de Iván Bouzón e empata. Seguía ben con balón o Cee a pesar desas perdas, pero apretaba ben o Coristanco e noutro erro na saída, desta volta foi Kevin o que facía o segundo. Nos últimos minutos houbo un ida e volta no que puido marcar calquera, como unha xogada na que Eze protesta un fóra de xogo sinalado polo colexiado cando quedaba só diante de Rubén.

Corcubión - Monte Louro (0-2)

Corcubion-Monte Louro-Foto-Edu Olveira

  • Corcubión: Pedro, Pablo, Verán, Óscar, Samuel; Riki, Raúl, Pais, Martín, Xian, e Álvaro. Tamén: Chano, Javi, Chouza e Rodri.
  • Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Antón, Leo, Gorka, Dani, Samu, Juan Castreje, César Lojo, Nando, Iago Lema. Tamén: Martín, Samuel, David Lojo, Fran, Íker.
  • Goles: 0-1, m.60: Xián; 0-2, m.81: Javi.

Corcubion-Monte Louro-Foto-Edu Olveira 2

Partido igualado na primeira metade, con ocasións nos dous bandos, pero sendo Pedro o mellor da primeira metade. O Corcubión estivo e fixo empregarse ao máximo ao porteirazo loureán.

Na segunda, o cadro de Gorja, con moitos xogadores tocados, decaeu. Pronto os visitantes foron chegado arriba, sendo Xián o responsable de adiantar aos loureáns, que a partir de aí souberon ler mellor o partido e sentenciar por medio de Javi. Destacan o debut de Samuel Pensado, bo reforzo para a defensa dos de Bibi.

Vitoria do Monte Louro en Corcubion-Foto-Edu Olveira
Xián celebrando o seu tanto no Cubaleiro-Foto-Edu Olveira

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios