Domingo. 06.10.2024
El tiempo

2ª FUTGAL: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima

O Soneira celebrando o liderato
2ª FUTGAL: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima

Igualdade máxima parece que imos ter nesta Liga da Costa na que aínda non se sabe moi ben quen vai estar arriba de todo. O que si amosa a cabeza é o Soneira, único equipo con 3 vitorias en 3 partidos. O cadro de Josiño vencía, con algo de fortuna, en Fontenla, pero cómpre destacar que acabou no campo con 3 xuvenís, Héctor, Javi e José Antonio, e un cadete Gabri. Esperan ir recuperando aos Richi, Pichi, Álvaro ou Jairo, que segue pendente de operarse do narís que rompeu no partido co corcubión, se ben semella que non botan demasiado de menos aos irmáns De la Sierra, con Jose retirado e facendo labores na directiva e nos bancos, e Basti, por agora apartado por unha grave lesión polo menos ata febreiro. Con todo, Josiño ten claro que a situación de liderato do cadro soneirán é “anecdótica” e que estar tan arriba non é o seu obxectivo principal.

No resto, pinta moi ben o Camariñas, que dedicou a vitoria no Pinguel ao seu presi tralo pasamento da súa muller. Tamén con 7 puntos está o Coristanco, que sacou un punto da Grixa, ante un Porteño que parece que volverá estar moi arriba.

Vitoria importante do Corme en Mazaricos, ante un cadro amarelo que vai comezando a carburar.

Por abaixo, sorprende a posición do Baio, cun só punto, sendo o Corcubión o único que segue sen sumar.

Ponteceso - Camariñas (0-3)

  • Ponteceso: Miguel, Javi Souto, Ángel, Juan Rey, Pedro, David Castro, Camilo, Alberto Recarey, Luis Varela, Iván Rod e Eloy Álvarez. Tamén: Darío, Suso, Neira, Mendieta e Mara.
  • Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo, Moriño (Borja), Hugo (Nuno), Javi (Brais), Nazo (Manuel), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.30: Djibril; 0-2, m.34: Javi Antelo; 0-4, m.49: Nazo.

Comezaba a xornada con este choque no Pinguel no que se homenaxeou á falecida muller do presidente do Camariñas, Vicente Carril.

No deportivo gran partido do Camariñas de Cabrejo e Faus no Pinguel, dominando dende o comezo, presionando moi arriba, e impedindo que os locais puidesen combinar. Pouco a pouco o Ponteceso ía asentándose tendo un par de lanzamentos lonxaos que atallaba ben Jorge, ata que á media hora, Djibril metía un xerro de auga no cadro de Julio Vila, que sen tempo a reaccionar, vían como Javi Antelo, “O Bicho”, que volve demostrar a súa potencia como na súa época xuvenil despois de levar 3 anos parado por unha lesión do cruzado, facía o segundo cun gran lanzamento de falta.

No segundo tempo saíron os da Ponte intentando recortar distancias pero serían os visitantes os que porían o terceiro gol (de Nazo tras un paradón de Miguel a un remate de cabeza de Djibril) que supuña case a sentenza definitiva, De aí o final o Ponteceso intentou recurtar distancias pero apenas si dispuxo dun remate de Mara e outro de Neira que poideron poñer o 1-3. Vitoria inapelable do Camariñas que leva os tres puntos ante un Ponteceso que non acaba de carburar.

Outes - Muros (0-4)

  • Outes: Ryan (Freire); Jura, Paulo (Iván Senande), Marcos, Estefan (Hugo); Babu, Álvaro, Veleiro, Aarón (Simón); Keko e Yago Dosil (Kevin).
  • Muros: Aitor; Quin, Alon, Javi, Martín, Flavio, Dani, Peski, Xaco, Xavi, Alex. Tamén: Manuva, Jesus, Benji e Óscar.
  • Goles: 0-1, m.12: Peski; 0-2, m.29: Dani Jurjo; 0-3, m.60: Xavi; 0-4 m.86: Javi Pelos de penalti.

Partido perfecto do Muros no Cunchido. O cadro de Vinto comezaba presionando arriba, e tras dous roubos, conseguía entrar por banda para facer un par de ocasións e meterse por diante, con 0-2 á media hora. Antes e despois dos dous tantos, os de Alex Romero tiveran un par de achegamentos aos que respondía moi ben Aitor.

Seguía o mesmo guión na segunda, ca mesma liña de presión muradá e aproveitando a adiantada defensa do Outes, conseguindo a base de balóns ás costas ampliar a renda, e así foi, Xavi cun golazo sentenciaba no 60 e xa co partido durmido o cuarto dende os 11 metros-

Lira - Cabana (2-2)

  • Lira: Raúl, Isaac Maceiras, Cartamil, Amoedo, Migueliño, Ramiro, Marcos, Ángel Sestayo, Juan, Xoel, Angel Vigo. Tamén: Pablo Leis, Ramón, Christian, Oli e Lois.
  • Cabana: Manu, Noé (Iván Rey), David, Ferreiro, Aarón, Nando, Hugo (Castro), Miki (Pablo), Simón (Leis), Migueliño, Manu.
  • Goles: 0-1, m.19: Manu; 1-1, m.23: Juan de penalti; 2-1, m.75: Oli; 2-2, m.88: Diego Castro.

Partido de alternativas en Lombáns, que comezaba co equipo de Minguio dominando e chegando máis á área contraria. Así se adiantaban cun tanto do gandeiro Manuel Romero, que resolveu fácil ante Raúl, que volvía despois dunhas vacacións, un balón ás costas da defensa. Un Manu que case fai o segundo pouco despois tras regatear a Raúl, pero o balón vaise alto. Chegaba aí o empate por medio de Juan que sofre un penalti e e o transforma. Aínda Raúl tiña que salvar aos lirachos nun par de ocasións visitantes.

Na segunda, seguía dominando o Cabana, pero a entrada de Oli facía dano na defensa visitante. El metería aos de Amoedo por diante cun bo tanto tras combinar con Pablo, despois que o propio Amoedo puidese marcar nunha xogada a balón parado que par Manu.

Tocáballe apurar aos de Mingui, que se viñeron arriba e atoparon o empate nun moi bo centro de Aarón e moi bo remate de Castro. Case non quedaba nada, pero co partido roto, aínda tiveron os locais un par de contras de Ramón e unha de Marcos, e tamén o Cabana un remate de Manu que petou no longueiro.

Cee - Corcubión (1-0)

  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Noe, Munitis, Antonio, Carlos, Anxo, Jose, Sergio Fildago, Eze e Trini. Tamén: Isaías, Rui, Iago, Jonathan e Mudrige.
  • Corcubión: Bruno, Juan Funetes, Isaac, Gorka, Jose, Castreje, Antón, Martín, Nando e Iago Lema. Tamén: Rama, Leo, Íker, Trillo e David Lojo.
  • Gol: 1-0, m.35: Eze de falta directa.

Derbi igualado baixo a chuvia do San Paio re Refoxos, cun Cee dominando o control do balón, pero un Corcubión que ás contras tamén facía algo de dano. O único tanto do partido, de Eze de falta directa, tralo que o fisterrán demostraba o seu amor ás cores azuis.

Union Club Cee celebrando a vitoria ante o Corcubion
O Unión Club Cee celebrando a vitoria ante o Corcubión

Monte Louro - Baio (2-0)

Monte Louro-Baio-Foto-Edu Olveira

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Verán, David Pais, Pensado, Jose Lago, Xián, Raúl, Alvaro Fary, Javi e Luismi. Tamén: Íker, Martín, Rodri, Abel Rey e Juan Lois.
  • Baio: Javi Souto, Norberto, Pablo Rod., Sergio Rod., Rubén Porteiro, Yago Couto, Josiño, Vila, Jose Ángel, MC e Sergio Antelo. Tamén: Rodrijo, Rubén Sánchez, Alex Muíño, Lucas e Mamadou.
  • Goles: 1-0, m.28: Javi; 2-0, m.34: Luismi a centro de Javi.

Monte Louro-Baio-Foto-Edu Olveira 2

Primeira metade controlada polo cadro loureán, con máis posesión pero sen demasiadas chegadas. Si que acertou nas dúas ocasións máis claras que tivo o cador de Bibi con dúas xogadas con participación de Javi para colocarse con certa vantaxe.

Corrixiu o Baio, que axustaron filas, apretou e tivo boas ocasións para recurtar e mesmo empatar pero atopouse cun gran Pedro (outra vez).

A nota negativa para os locais, o debutante Jose Lago que se mancou cun xeonllo.

Monte Louro celebando un gol ao Baio

Porteño - Coristanco (2-2)

Porteno e Coristanco na Grixa
Porteño e Coristanco saltando á Grixa. Foto_Parker
  • Porteño: José, Nico, Pejo, Brais Rodri, David, Pablo, Joseba, Manoliño, Alfredo e Martín. Tamen: Ibra, Miguel, Iván e Carrabete.
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo, Belar, Sergio, Dani Vázquez, Damián, Diego Ferreiro, Iago, Dani Casti e Rodrigo. Tamén Joaquín, Nico, Dani Loureiro, Prego e Javi Bermúdez.
  • Goles: 1-0, m.5: David de falta; 1-1, m.26: Rodrigo nun córner; 1-2, m.50: Rodrigo de penalti; 2-2, m.58: Alfredo de penalti.
Porteno e Coristanco na Grixa 2
Porteño e Coristanco na Grixa. Foto-Parker

Partido moi duro físicamente e no que se abusou dos balóns en largo e do xogo directo na maioría do tempo. Primeiros 15 minutos cun ritmo moi alto dos locais, que combinaban ben e abrían o marcador. Pero o Coristanco metía unha marchiña máis e igualaba a contenda, tanto no xogo como no marcador, un remate de Rodrigo nun córner.

Na segunda, metíase moi pronto por diante o cadro de Iván Vázquez con outro tanto de Rodri, xuvenil de primeiro ano que xa destaca na Liga da Costa, e que lle colaba un penalti de panenka a todo un Mariolo. Os de Cousiñas e Javi Baña non atopaban o seu fútbol, e estaban moi ansiosos e precipitados co balón, pero aínda así conseguían empatar, tamén dende os 11 metros. A partir de aí habería ocasións para os dous bandos, como unha de Joaquín que salvaba Mariolo moi ben.

Mazaricos - Corme (2-3)

  • Mazaricos: Íker, Borja, Raúl, Bryan, Fabio Barbeira, Brais Canosa, Adrián, Chiki, Marcos, Sandelo, Molinos. Tamén: Matías, Kevin, Pereiro, Sergio.
  • Corme: Quique, Brais Pailos, Aitor, Teo, Iván, Davidson, Fran Pombo, Lucas, Samu Costa, Isra e Borja Torrado. Tamén: Noel, Xoel Castro, Álvaro e Xoel Amado.
  • Goles: 1-0, m.11: Bryan anota un fermoso gol; 1-1, m.16: Borja Torrado; 1-2, m.28: Samu Costa; 2-2, m.50: Bryan; 2-3, m.80: Borja Torrado en carreira nun balón longo.

Fermoso partido de ver, a pesar do día, pero cun céspede moi rápido, entre dous equipos moi ben formados. Saía dominando o Mazaricos, que está xogando moi ben ao fútbol, pero se está atopar grandes equipos nesta liga da Costa. O Corme facía dano nas diagonais pero era o Mazaricos o que, a base de dominio, se metía por diante. Bryan puido facer o segundo pero se atopou cun gran Quique, e na seguinte xogada, Samu Costa aproveita un erro no despexe para facer o segundo.

A entrada de Kevin na segunda doulle unha marcha máis aos de Marcos, pero en fronte, o Corme moi ben plantado e moi serio foi quen de aguantarlle o ritmo. Bryan empataba e chegaban ocasións de Chiki, Bryan, Marcos, Kevin… pero os amarelos non estaban acertados. O Corme non decaía e lanzaba unha contra na que Borja Torrado lle gañaba a partida a Íker e o superaba na carreira para adiantar de novo aos de Adrián Lema. Aínda tiveron que sufrir os cormeláns as últimas embestidas dos amarelos, pero o marcador non se movería.

Xallas - Soneira (0-1)

  • Xallas: Iván Couto, Joser, García, Adrián Couto, Peke, Yago Casal, Doro, Asier, Dani Barbeira, Macareno, Rubén Blanco. Tamén: Marcos Carro, Joel, Erre, Luis e Sergio.
  • Soneira: Pity, Maikol, Adrián Canosa, Héctor, Javi Lema, Cachi, Brais, Bieito, David LP, Vía e Sergio. Tamén: Dono, Gabri, Carlos, Samuel, e Josiño.
  • Gol: 0-1, m.20: Vía de penalti por mans.

Partido moi físico cunha primeira metade igualada, onde una xogada de Bieito por banda provoca un penalti que Vía transformaría no único tanto do partido, transformando o seu 5º gol, como pichichi da Liga da Costa.

O Xallas estaba facendo un gran partido, dominando o balón e tendo algunhas ocasións claras como un par de balóns ao pau de Peke e Doro, ou unha chilena de Macareno que bate no pau.

Xa na segunda parte un Xallas volcado sobre a portería de Pity tivo novas oportunidades para empatar o encontro pero o bo facer de gardamallas do Soneira, a defensa soneirá e a falta de fortuna fai que os de Doriño quedasen sen premio.

O míster soneirán Josiño Abelenda destaca o traballo dos rapaces da casa, que están mantendo vivo ao equipo a pesar da baixas. Pola súa banda, Doriño destaca que “levamos tres xornadas facendo partidazos e estamos seguros de que as vitorias van chegar”.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios